Entre as iniciativas desenvolvéronse actividades multimedia como son as leccións do curso Moodle O Clima e os seus cambios normais, a unidade didáctica multimedia 1: A temperatura do planeta vivo ou o videoxogo CLMNTK. Os alumnos e alumnas que participaron nas citadas actividades foron agasallados cunha camiseta, un caderno ou unha carpeta en función do número de acertos conseguidos.
Tamén se explicou sobre unha maqueta un prototipo de proxecto de xeración de electricidade a partir de enerxía solar empregando hidróxeno. Así mesmo os estudantes puideron pedalear sobre unha bicicleta e despois comprobar para a distancia percorrida a cantidade de CO2 que evitan emitir a atmosfera empregando este medio de transporte no lugar de diversos tipos de vehículos a motor.
O alumnado puido disfrutar ademais de dinámicas de grupo, xogos de elemento oculto ou xogos de maxia.
O equipo de orientación de Climántica proporcionou tanto ao estudantado como ao profesorado información sobre orientación profesional e vocacional para actuar en mitigación e adaptación para facer fronte ao cambio climático.
Durante a mañá do mércores 11 de febreiro Agustín Agra estivo firmando exemplares da súa novela A Treboada de C, a primeira da colección Contos Climánticos.