O pasado sábado 8 de Novembro, Ramón Cid Manzano, licenciado en CC. Físicas e en CC. Químicas catedrático de instituto da especialidade de Física e Química, impartiu un seminario dentro do curso Climántica na materia de CCMC desde a sostibilidade e as TIC.
A modo de introdución, e dunha forma rigorosa e concisa, Ramón resumiu ás características propias do traballo científico, o papel do discurso e a aplicación dás ciencias na solución dos problemas cotiáns.
Para rematar esta amena introdución, o poñente, alegou, en ton de humor, a contribución do coñecemento científico na comprensión do mundo e na formación dun espírito crítico nos cidadáns.
A continuación, centrouse en cada un dos bloques temáticos da materia CCMC, presentando ao profesorado recursos dispoñibles na rede dos que valorou a súa utilidade didáctica e para os que suxeriu distintas actividades para aplicar nos blogues e nas aulas de Climántica nas Ciencias para o Mundo Contemporáneo.
Nos bloques temáticos “Xestión sostible” e “Novos usos, novos materiais”, tomando como eixo vertebrador o cambio climático, animou ó profesorado a incluír nas súas programacións de aula actividades relacionadas co Proxecto ITER (Fusión Nuclear) e a Nanotecnoloxía así como actividades relacionadas coas escalas e a orixe do Universo e dá formación da Terra a partir dos coñecementos cosmolóxicos actuais que nos mostran en páxinas como a da NASA ou no GTC.
Na mesma liña pedagóxica, abordou diferentes tendencias actuais na investigación científica: a Nanotecnoloxía como a Hadronterapia, a GRID ou o acelerador de LHC (CERN) directamente relacionadas coa temática que se está a abordar nos blogues de CCMC.
En definitiva, unha sesión maxistral e de gran utilidade para ou labor cotiá do profesorado, que só divulgadores como Ramón Cid son capaces de conducir dun xeito tan ameno e exemplifícante.