CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Xa se pode descargar o material multidisciplinar para ESO

 

Proxecto Interdisciplinar

O Equipo Climántica ven de publicar un libro do estudante con un nivel de competencia curricular básico de 1º de ESO, pero con un grao de atención á diversidade que permite aplicar actividades en diferentes cursos de ESO e programas de diversificación curricular. Todos os capítulos deste libro xa se poden descargar desde o apartado de Descargas.

O libro planificouse en estreita colaboración con MeteoGalicia manexando tanto datos directos das estacións meteorolóxicas como indirectos obtidos da información meteorolóxica da prensa e das webs de Climántica. e MeteoGalicia, por tanto ten como fíos condutores a Meteoroloxía, a Climatoloxía e o Cambio Climático. Sobre esta estrutura que por si mesma inclúe competencias de ciencias naturais, ciencias sociais e matemáticas, incorporouse a competencia lectoescritora mediante textos e actividades de lingua e literatura galega e lingua e literatura castelá e a competencia de aprender a aprender.

A competencia dixital queda resaltada en actividades con un formato singular e diferenciado e nela destacan as actividades que se propoñen para desenvolver en cadernos de bitácoras e foros. Tamén se propón desenvolver cursos de autoaprendizaxe dirixidos polo profesorado e desenvoltos desde o apartado de Formación desta web. Os cadernos de bitácoras e foros poranse en marcha no apartado de Centros cando os centros educativos que apliquen o libro os soliciten.

Proximamente porase en marcha un novo apartado que se denominará “ClimánticaMeteo” no que se navegará polos contidos recollidos neste libro. Desde este apartado poderase acceder aos recursos que publicará MeteoGalicia, entre os que destacan as representacións gráficas dos datos aportados polos centros que soliciten incorporarse a ClimanticaMeteo a través do enderezo clima@meteogalicia.es; así como animacións elaboradas a partires de imaxes obtidas con satélites que mostren a evolución dos fenómenos atmosféricos. Por último, e tamén para potenciar o uso didáctico da web, propóñense baterías de actividades que se poden facer a partir da visualización dos videos de cambio climático, mobilidade e enerxía que se poden proxectar desde a mesma web no apartado Climántica tv.

Proximamente procederase ao envío dun exemplar do libro a cada centro de Galicia que escolarice alumnado de ESO. Os centros que desexen aplicalo poden solicitar exemplares para os estudantes ao enderezo climantica@xunta.es. A estes centros tamén se lles fará chegar unha guía didáctica solucionario.


Comentarios:

Enviado por IES CASTRO DA UZ _ AS PONTES_ A CORUÑA 09 11 2007 as 11:23

Desde o departamento de orientación facilitouse ao profesorado de 1º de ESO os primeiros materiais descargados desta web para o proxecto interdisciplinar. O traballo lévase a cabo co alumnado desde o principio do curso, e está a gustar moito. Gústaríanos ter o material impreso.

O noso enderezo:

r/ José Mª Penabad s/n. 15320. As Pontes
Tlf 981 451304
Un cordial saúdo, e noraboa polo traballo.
Marta C. Romeo. Orientadora.
 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado
  •  
  •  
Bajo el patrocinio de la UNESCO

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino