CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Catro Climas, un agrupamento escolar de 4 CCAA na Rede Climántica.

 

Catro Climas xurdiu no cuarto campus de Climántica en Aveiro celebrado en abril de 2022. Durante a celebración des campus publicouse a convocatoria 2022 da Secretaría de Estado de Educación de axudas destinadas a promover agrupacións de centros educativos para a realización e posta en práctica de proxectos comúns que favorezan a educación inclusiva e a innovación educativa. Eso motivou que as catro CCAA costeiras con climas diferenciados que estaban nese evento de Climántica en Aveiro se agruparan para compartir boas prácticas e coñecementos sobre as pradarías mariñas nos 4 climas e entornos costeiros que representaban. Esta agrupación que se formou no seo da rede de centros de Climántica quedou liderada polo IES Virxe do Mar de Noia (Galicia) e tamen formaron parte dela o IES Bernardino de Escalante de Laredo (Cantabria), o IES Averroes de Córdoba (Andalucía) e o IES Sixto Marco de Elche (Comunidade Valenciana).


Esta agrupación escolar formado no seo de Climántica resultou seleccionada de nº 6 pola Resolución do 12 de outubro de 2022 e o día 27 de decembro obtendo a máxima unha financiación do Ministerio de Educación e Formación Profesional de 36.000 euros, o máximo que lle pode corresponder a un agrupamento de 4 socios peninsulares.


Ese mesmo día pola tarde celebrouse a charla o titulada Xenes e Ambiente impartida polo Dr. Ángel Carracedo, Director do Centro Nacional do Xenotipado e da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.


O día 28 visitouse o laboratorio da Cofradía de Mariscadores de Noia para analizar a xestión do marisqueo dos bivalvos, visitouse o criadeiro de bivalvos e navegouse nun veleiro de principios do século XX para estudar o ecosistema servizo do marisqueo de bivalvos onde as pradarías mariñas de Zostera teñen un papel ecolóxico relevante.


O día 29 visitáronse os museos científicos de A Coruña e alí gravouse un dos dous curtametraxes, relacionando unha selección dos 13 modelos de ADN do Museo Domus coa distribución e adaptación de diferentes especies do Acuario Finisterrae.


O día 30 visitouse o límite superior da influencia das mareas no río Tambre, coincidindo coa subida de marea para observar este fenómeno nese lugar. Analizouse a importancia da produción de electricidade nas centrais Tambre I e Tambre II constridas na segunda década do século pasado a primeira e no inicio da década dos 70 a segunda. Interpretouse as consecuencias ecolóxicas destas dúas intervencións sobre os ecosistemas servizo a estudar. Tamén se analizou a perda da superficie do bosque autóctono coñecido como fraga pola erosión da ladeira debida a incendios e pola invasión de especies autóctonas como eucaliptos e acacias. A actividade do día 30 continuou pola tarde no Museo da Biodiversidade da Universidade de Santiago de Compostela, onde os estudantes ilustraron as especies propias do ecosistema a estudar en Galicia. Unha vez realizadas  as ilustracións, intercambiáronas e cada un buscou unha especie ilustrada por outra persoa. En paralelo, a produtora escolar que traballou sobre a Zostera iniciou a gravación da súa curtametraxe que pola tarde continuaron no banco de marisqueo de Testal.


O día 31 fixéronse tres obradoiros no IES Virxe do Mar. Un deses obradoiros consistiu na formación para editar as curtametraxes que seguiría en Cantabria. Ese taller impartiuno María Arufe, ex – alumna do IES Virxe do Mar, graduada en Comunicación Audiovisual e membro do equipo Climántica. Nel participaron os estudantes de Galicia e Cantabria implicados nas dúas curtametraxes das actividades no Norte.


Outro taller, desenvolto en paralelo co de edición, consistiu na continuación da ilustración, coloreando con acuarelas as ilustracións desenvoltas a nivel de boceto no Museo da Biodiversidade o día anterior,  e na ilustración doutras dos mesmos ecosistemas. Estas ilustracións fixéronse para integralas na performance musical a desenvolver en Laredo o día 5 de abril, como final das actividades no Norte. O obradoiro dirixiuno a bióloga e ilustradora da natureza Sarela Lorenzo.


As actividades do día 31 remataron pola tarde con un taller de canto e expresión corporal da que se extraeu unha canción para a curtametraxe sobre a Zostera. Estas interpretacións, dirixidas polos profesores do IES Virxe do Mar Fernando Vigo e Eva Núñez, actuaron como festa final de peche da estancia en Galicia.


O día 1 os estudantes viaxaron a Laredo para rematar as actividades nos ecosistemas servizo das pradarías de Zostera. Ese día visitaron a cidade de Laredo, podendo visualizar o porto e os cambios históricos na súa localización debido a cambios no nivel do mar.


O día 2 de abril iniciaron as actividade na cidade romana Domus Julióbriga para analizar as condicións climáticas. Alí puideron visualizar a organización das plantas dos edificios para facer fronte as condicións climáticas da rexión. Fíxose fincapé en cómo se organizaban os edificios para evitar as perdas de calor.


Tamén se analizou a forma de vida nunha casa romana da época e as súas características arquitectónicas particulares derivadas do clima da rexión.

Foto Interpretación de la arquitectura y forma de vida de Julióbriga O grupo durante a visita dividiuse en dous. Mentres un analizaba a cidade e a forma de vida nesta cidade romana, o outro desenvolveu un obradoiro para integrar na performance final.


Ese mesmo día, pola tarde, o grupo fixo un itinerario con Naturea Cantabria para analizar as condicións naturais e climáticas da zona de Campo.


No itinerario fíxose un estudo do ecosistema do Hayedo de Guariza e a importancia ecolóxica en relación ás condicións xeolóxicas, xeomorfolóxicas e climáticas da rexión.


O itinerario rematou co nacemento do Ebro intertendo alí a importancia do desxeo nas montañas da zona de Campo, a participación da vexetación analizada e relacionouse a cor da auga cos acuíferos e natureza caliza da rocha.


As actividades do día 3 de abril desenvolvéronse en Santoña. Alí os estudantes visitaron unha conserveira e comprobaron como se procedía co enlatado das anchoas. Logo desprazáronse cara o paseo marítimo para facer o resto de actividades na cidade.


A primeira actividade en Santoña consistiu en analizar o ocupación integral do territorio nas localidades de Laredo e Santoña e a desembocadora do río Ansón e a súa relación coas marismas.


Esta actividade tivo continuidade coa unha ruta marítima para analizar con máis detalle a análise dende o punto elevado no terreo de Santoña. Nesta navagación fíxose tamén unha análise da importancia histórica de Santoña nas expedicións de ultramar.


Pola tarde as actividades centráronse nas marismas de Santoña, un ecosistema no que as pradarías de Zostera son relevantes. Alí analizouse os impactos ambientais derivadas da ganancia de territorio ao mar para cultivos. Pudo visualizarse como se están a eliminar progresivamente as barreiras para que o ecosistema mellore o seu funcionamento.


As actividades do día 4 de abril centráronse en Santander. Iniciouse a xornada visitando o casco histórico situando a zona reconstruida polo incendio analizando as circunstancias meteorolóxicas de forte temporal con ventos do sureste, frecuentes na cidade, neste caso con velocidades que puderon aproximarse aos 180 Km/h sumado á catástrofe desencadeante, a explosión do barco de vapor Cabo Machichaco. Alí visualizáronse os poucos edificios que se conservaron e toda a zona reconstruida nunha época de pobreza pola postguerra e a guerra mundial. Esa análise fíxose tamén sobre a catedral, analizando a parte conservada e a reconstruida.


A continuación procedeuse a realizar un paseo ao longo da Bahía de Santander analizando a importancia do maior estuario da costa norte de España. Analizouse a importancia da deriva litoral na súa configuración e a súa ubicación estratéxica que motiva que ao seu redor se concentre na actualidade a metade da poboación da rexión, reflexionando sobre a elevada presión antrópica.


As actividades en Santander remataron no Museo Marítimo e no seu Acuario. Alí analizáronse no acuario as especies desa rexión e reflexionouse sobre as coincidencias coas do Acuario Finisterrae de A Coruña. Tamén se estudaron as actividades pesqueiras e marisqueiras da rexión e comparáronse coas estudadas en Galicia.


O día 5 de abril remataron as actividades coa presentación das curtametraxes e performance Sostenarte na Casa de Cultura de Laredo.


Quedan por desenvolverse para o curso 2023-2024 as actividades vinculadas ás pradarías de Posidonia na illa de Tabarca no Mediterráneo, coordinado polo IES Xisto Marco de Elche e a transición das pradarías do Atlántico ao Mediterráneo no Parque Nacional de Doñana coordinadas polo IES Averroes de Córdoba. Alí analizarase a situación do Guadalquivir dende o seu paso por Córdoba á formación das marismas de Doñana.  

Comentarios:
 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado
  •  
  •  
Bajo el patrocinio de la UNESCO

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino