Na atmosfera está a chave e o CO2 é o principal responsable
Como evolucionou o clima dende a orixe da terra?
Cambio normal do clima
Variacións do clima debidas á actividade humana
Consecuencias do cambio climático e impactos sobre os ecosistemas terrestres
Impactos sobre os ecosistemas mariños
Cambio climático, economía e sociedade
Contido navegable da primeira etapa editada en febreiro de 2007.
Pode descargarse en pdf na sección de biblioteca, así como os seus productos da súas segunda fase, nº 1 de Palmira e Marcial, odisea medioambiental e libro de climatoloxía e cambio climático para 12-14 anos "Climaeucambio"
Publicado o
26 09 2022 as 21:21
|| Categoría
Climántica
A clausura do campus CLMNTK22 – e-InnoEduCO2
supuxo a oportunidade para conseguri a evolución necesiaria da versión beta do
musical no que se traballou no campus CLMNTK21 – Educinema Clima Tour Action,
celebrado en abril de 2022, para acomadarla ao novo guión literario da súa
transferencia á película. Por iso esta versión definitiva chamóuselle
“Climántopía. O musical” en coherencia co título da película de Cinema
Climantopía.
Desde a representación de abril de 2022 os
autores *Úrsula Martínez Álvarez e Francisco Rodríguez Crujeiras seguiron de
preto o traballo da súa colaboradora Noemí Castelo, na creación de Noemí do
guión literario da transferencia do musical á película Cinema Climantopía. De
sta forma os enxeñeiros Úrsula Martínez e Francisco Rodríguez, conseguindo a
versión definitiva representada na gala final do campus CLMNTK22- e-InnoEduCO2.
Nesta adaptación Úrsula e Francisco
preocupáronse de mellorar os seguintes aspectos no paso da versión beta de
abril a esta definitiva:
1) Coidado
especial na sonorización da banda para recoller a banda sonora da película.
Neste traballo tivo un protagonismo especial o director da banda e autor dos
arranxos musicais, o profesor de saxofón e clarinete Jose Rodríguez García.
2) Incorporar
novos contidos de cambio climático aproveitando a participación de países que
non participaron en abril de 2022, como foi o caso do risco de incremento de
fenómenos extremos en Panamá e do problema da elevada pegada hídrica do téxtil
en Marrocos.
3) Xeración
dun novo proxecto para reforzar o canto, tendo en conta que o tempo dedicado ao
canto desde de talleres de hora e media diaria en abril evidenciouse
insuficiente.
4) Procura
de escenografía máis flexible para proxectar en auditorios escolares e
académicos improvisados para teatro, como foi o caso do auditorio do Reitorado
nesta representación da versión definitiva.
5) Xeración
de contextos de diposición grupal máis cinematográficos que requiren de novas
disposicións máis acordes co guión da película como as que requiren sentar no
escenario.
6) Incorporación
de novas escenas que requiren a adaptación da película como a do Voley praia
que permite visualizar e reflexionar sobre os incendios de Monte Pindo.
7) Coordinación
dos proxectos de banda, teatro e escenografía para conseguir o reforzo mutuo
dos tres ámbitos de artes escénicas en escenas crave como a dos incendios de
Galicia.
8) Incorporación
de persoas maiores que van ser intérpretes na película porque o cinema non
permite a interpretación de papeis de persoas maiores por parte de escolares,
como é o caso da escena das anciás galegas conversando cos estudantes sobre os
eucaliptos e os incendios.
9) Adestramento
das necesidades de caracterización na película mediante o novo taller de
vestiario, salón de peiteado e maquillaxe.
10) Opcións
de integración de estudantes que non saben español como os papeis de auxiliares
de voo para as estudantes de Europa do Leste.
11) Mellora
das interpretacións valoradas en abril como carentes de xesticulación para
incorporar esa aspecto da interpretación.
12) Coordinación
da danza coa banda e co teatro para evitar as dificultades de conexión atopada
na versión beta de abril.