A produtora xuvenil do equipo Climántica estivo gravando en
Galicia o primeiro capítulo da súa película Cinema Climantopía. Iniciou a
gravación o o 5 de setembro de 2022 no Acuario Finesterrae da Coruña coa escena
da ligazón co capítulo 2 que se inicia no Oceanario e Lisboa. Finalizou a
produción do capítulo de Galicia o sábado 24 de setembro coa entrevista a
Xilberto Caamaño, presidente da asociación Monte Pindo, quen explicou aos mozos
as consecuencias do incendio en Monte Pinto, o máis importante de Galicia no
ano 2013.
Cinema Climantopía é a primeira película na que se implica o
equipo Climántica e faino desde unha produtora xuvenil formada por exalumnos
dos campus de Climántica e actualmente formadores da liña audiovisual do
proxecto nos campus internacionais de Climántica. A produtora diríxea David
Vicente, primeira tese e única ata o momento en España de Cinema e Cambio
Climático. Acompáñao de axudante de dirección a noiesa, graduada en
Comunicación Audivisual, María Arufe. Como técnico de son participa o vigués
Carlos Otero. Os cámaras son o madrileño Pablo López e o técnico de iluminación
de Zas Gabriel Bouzas.
Este equipo de cinco novos titulados superiores na o ámbito
audiovisual constituíuse no marco do proxecto financiado pola Unión Europea de
innovación educativa EduCinema Clima Tour Action (www.educinema-cta.org), que
quedou en primeiro lugar en España na liña extraordinaria de innovación
educativa sobre creatividade para superar barreiras educativas derivadas da
COVID -19.
A produtora xuvenil adestrouse coas actividades do campus do
outro proxecto que, para o mesmo bienio 2021-2023 e o mesmo sector escolar,
tamén quedou en primeiro lugar, e-InnoEduCO2, da modelidad de innovación en
tecnoloxías. Este campus celebrouse nas instalacións de Fábrica Centro Ciencia
Viva de Aveiro entre o 31 de agosto e 4 de setembro. Tivo 182 participantes de
tres países de América Latina (México da rexión do Norte, Panamá da rexión
centro e Perú da rexión Sur), África representada por Marrocos, Europa do Leste
(Polonia e Romanía) e Europa do Sur (España e Portugal). Deste grupo de
participantes, 100 desprazáronse a Galicia para participar na gravación da
película con alumnos de Polonia, Romanía, Portugal, México, Perú e as
comunidades autónomas de Andalucía, Galicia e Comunidade Valenciana.
A primeira escena da película sitúase no IES Poeta Añón e
gravouse o día 6 de setembro. Nela intervén o Director do SEPIE, Alfonso Gentil
Álvarez Ossorio, facendo dese mesmo cargo e entregando os premios a finalistas
por traballos bilatarales entre dous países durante o confinamento. O terceiro
premio correspondeu ao tándem Portugal – España, o segundo ao par Romanía –
Perú e o primeiro a Polonia - México. O primeiro premio obtén medios para
visitar unha cidade de cada continente e inspirarse alí para realizar un
documental colaborativo que leve os contidos premiados polo traballo
desenvolvido durante o confinamento a un documental gravado xa na etapa
postpandemia.
Desprazaranse a Lisboa despois de pensar sobre o cambio
climático no Polo norte vendo as focas do acuario da Coruña, que foi a primeira
escena que se gravou en Galicia. Ao chegar a Lisboa diríxense ao Oceanario para
visualizar o Pingüinario e reflexionar sobre o cambio climático no Polo sur. En
Lisboa atópanse a estudantes canarios que están a buscar nas capitais europeas
estudantes que presenten documentais escolares sobre cambio climático para un
cume xuvenil que organizarán en abril en Gran Canaria. Durante o encontro dos
polacos cos canarios, os premiados europeos chaman por whatsapp aos seus
colegas de México e deciden que o seu documental irá sobre a orixe das emisións
en Europa desde o uso actual dese combustible fósil en Polonia, para abordar os
problemas das emisións en Ciudad de México. A película finalizará en abril en
Canarias co cume na que o documental mexicano polaco resultará o gañador.
Os incendios, tema central de Galicia, abórdanse nas escenas de Broña e
do Ézaro.
Os estudantes abordan en Galicia o problema dos incendios e
o seu aumento de riscos no contexto actual e escenarios futuros do cambio
climático. Para iso entrevistan a dúas anciás mariscadoras á beira dos
eucaliptos de Broña e infórmanos do problema dos incendios en Galicia e dos
riscos que para eles supoñen os eucaliptos e o cambio climático.
Posteriormente viaxan ao Ézaro para participar no campionato
mundial de Voley praia EDUCINEMA que gaña España no afinal que disputa con
Perú, despois de eliminar nos cruzamentos europeos a Portugal primeiro e a
Polonia despois.
Alí os estudantes, durante os partidos, visualizan os
esqueletos de piñeiros e eucaliptos queimados en Monte Pindo no 2013 e
chámalles tamén a atención a pedrosidad do terreo, pola relación que poida ter
cos incendios. Por iso deciden aproveitar a audiencia que lles dá o Presidente
da Asociación Monte, para ensinarlles a Fervenza do Ézaro e a súa contorna,
para pedirlle unha entrevista que permitan levar o contido á reportaxe que
gañará o certame de documentais da UNESCO de Canarias.
Están a producirse materiais didácticos sobre a película que se
distribuirá todos os institutos de España e a varios países
Sobre os contidos da película
están a desenvolverse materiais didácticos. A película e os seus materiais
didáctiso enviaranse a todos os institutos de España e a varios centros
educativos de América Latina, Europa e centros españois en África.