CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Un monográfico para Climántica na Revista de Innovación Educativa da Universidade de Santiago de Com...

 
O Nº 29 da Revista de Innovación Educativa da Universidade de Santiago de Compostela (USC) está dedicada ás respostas educativas do proxecto Climántica. Todos os artigos están dispoñibles en aberto. A prenstación do tema do monográfico está redactado en galego, idioma oficial da USC e pódese descargar desde este link.



O primeiro artigo está redactado en español e titúlase “Respuestas Juveniles al Cambio Climático desde los Campus de Climántica”. Nel analízanse os contextos innovadores xerados nos campus xuvenís do proxecto Climántica e profúndase neles a través dun estudo de caso relativo á expresión das valoracións do alumnado participante no Primeiro Campus Climántica Iberoamérica celebrado en San José (Costa Rica) do 8 ao 12 de abril de 2019, polo que recibiu o máximo patrocinio da UNESCO. O artigo pódese descargar desde este link



O segundo artigo está redactado en galego e titúlase “Investigación de Ecoloxía Escolar nunha pradaría de Zostera nolteii” Analízase a situación da pradería de Zostera nolteii do banco de marisqueo de bivalvos de Testal (Noia), mediante a investigación desenvolvida por escolares, coa dirección de científicos. A finalidade do programa de Ciencia Escolar de Climántica é contribuír ao coñecemento científico mediante a obtención de series de datos útiles para a realización de investigacións de interese a escala Local. Neste caso, analizouse a relación existente entre as abundancias de bivalvos de interese comercial e a presenza da fanerógama Zostera nolteii co obxectivo de capacitar ao alumnado para facer ciencia sobre os impactos humanos sobre os servizos ecosistémicos máis relevantes da súa contorna. A actividade que se describe neste traballo ten como utilidade científica coñecer a relación existente entre a diversidade de organismos animais do banco do Testal e a presenza e distribución espacial da fanerógama Zostera nolteii, para así entender o seu papel como xeradora de estrutura no ecosistema intermareal de substrato brando. O artigo pódese descargar desde este link.


 

O terceiro artigo está redactado en español e titúlase “Respuestas educativas al cambio climático desde el Colegio Madrid: lecciones aprendidas y nuevos retos rumbo a Climántica México 2021” Aborda a incorporación de Climántica ao proxecto educativo do Colexio Madrid da Cidade de México, un Colexio fundado polo exilio republicano español no ano1941, desde as súas orixes foi unha institución cunha clara vocación ambiental que seguiu fiel aos principios naturalistas da Escola Libre de Ensino. Sitúan a introdución deste proxecto vinculao polos efectos do cambio climático na cidade e no país nos últimos anos. Dentro desta incorporación de Climántica ao seu proxecto educativo, sinálase como un logro destacado recente foi a co-organización con España e Costa Rica do primeiro campus Climántica Iberoamérica (San José, do 8 ao 12 de abril de 2019), con resultados moi alentadores que dan paso agora ao reto de realizar o congreso virtual e campus Climántica México en 2021, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela. O artigo pódese descargar desde este link.


O cuarto e último artigo, redactado tamén en español, titúlase Educación, ética y cambio climático”. Nel destácase que as respostas e as ferramentas educativas haberán de formar parte das políticas de mitigación e adaptación fronte á crise climática, tal e como se recoñece nos organismos e as declaracións internacionais. Este reto obriga a reformular o marco ético da praxe educativa para cuestionar a sustentabilidade ambiental e social dos valores centrais que guiaron o desenvolvemento humano desde o inicio da modernidade. A crise climática cuestiona de forma radical a identificación entre crecemento e desenvolvemento. Defende que o timing da crise climática obriga a unha acción educativa urxente e de emerxencia, que sitúe este problema no centro do currículo e das prácticas educadoras fose do sistema educativo. A controversia moral debe ser un elemento central nunha Educación para en Cambio Climático cuxo imperativo ético e práctico é a descarbonización das sociedades e dos estilos de vida, da escala individual á escala global. Desde este link pódese descargar o artigo.



Comentarios:
 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado
  •  
  •  
Bajo el patrocinio de la UNESCO

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino