CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Reportaxe do Campus CLMNTK-UNESCO 2019 de Aveiro

 

Xa está publicado o vídeo documental do campus CLMNTK-UNESCO 2019 que organizou o proxecto Climántica, en colaboración con Fábrica, Centro de Ciencia Viva da Universidade de Aveiro (Portugal) e con Grupo SEPA-interea da Universidade de Santiago de Compostela e que se pode visualizar aquí:

   

Este novo campus internacional de Climántica levou asociado un seminario docente de investigación acción sobre as novas formas de ensinar e aprender sobre o cambio climático que afloraron no campus. Entre ambos os eventos desenvolvéronse unha vintena de talleres e sete proxectos dirixidos a máis de 130 participantes, con delegacións chegadas de México, Polonia, Portugal e centros educativos de Madrid, Segovia, Cantabria e Galicia.


Os estudantes traballaron durante as cinco xornadas que durou o campus, do 4 ao 8 de setembro, en dous tipos de proxectos dos que resultarían os seus correspondentes produtos: cinco curtametraxes de sensibilización ambiental e un musical, que se presentaron á chegada.


Actividades do campus.

O primeiro día abordouse o coñecemento para desenvolver os proxectos partindo de charla coloquio “Comunicación do cambio climático desde e para a mocidade” que impartiu Aitor Alonso. Nela vinculáronse as claves da comunicación do cambio climático cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable das Nacións Unidas, de acordo ao máximo patrocinio recibido pola UNESCO.  


Desde ese momento os grupos desdobráronse nos dous tipos de proxectos. Os de produción de curtametraxes foron desenvolver talleres con Aitor Alonso, David Vicente e Noemí Castillo para sentar as bases técnicas e procedementais para producir os vídeos. Os alumnos do musical iniciaron os ensaios.  


Despois do inicio da actividade dos proxectos todo o grupo realizou un paseo por Aveiro. Ao regresar prepararon unha cea de nacionalidades e presentaron, nun festival das nacionalidades no que presentaron vídeos, danzas e cancións propias dos seus territorios.  


Ao longo do campus fóronse desenvolvendo os proxectos para o que se consitituyeron sete grupos de traballo. Cinco grupos de traballo centráronse no desenvolvemento de proxectos audiovisuais.  


  O musical requiriu do concurso dous grupos de traballo. Un dos dous grupos é o de banda musical. Esa banda formárona os alumnos seleccionados con formación musical.


O sétimo grupo de traballo en proxectos permanentes foi o de teatro. Este grupo formárono 20 estudantes seleccionados entre os 32 asistentes que se interesaron en interpretar personaxes do musical.

Ademais do traballo no desenvolvemento dos proxectos de curtametraxes e da banda e teatro, no caso do musical, dedicárnse tres sesións de hora e media cada unha á realización de diferentes talleres nos que reforzaron competencias demandadas nos traballos dos proxectos que desenvolvían. Para fortalecer as pezas audiovisuais desenvolvéronse sesións de edición de vídeo, fotografía, deseño gráfico e robótica.


 Para reforzar o musical desenvolvéronse de danza, canto, improvisacións musicais e teatrais e artes plásticas para a proxección.


Ademais dos tempos de traballo en proxectos e en talleres desenvolvéronse varias actividades lúdicas. Entre elas destacou o Show Fisica Viva desenvolto polo equipo de Fábrica. Trátase dun show de divulgación científica que levou premios europeos.  


 Outras actividades lúdicas e de convivencia que tiveron lugar foron un paseo en barcos moliceiros polas canles de Aveiro, unha visita ás salinas e unha tarde na praia.  


  Actividades do seminario docente Polo que respecta ao seminario dirixido aos docentes, levaron a cabo múltiples actividades: coñeceron Climántica a través do seu director, Francisco Sóñora; trataron a incidencia do cambio climático na ría de Aveiro, cun relatorio a cargo dunha profesora da Universidade desta cidade, Ana María Rodrígues, e a importancia das praderías mariñas nos ecosistemas costeiros, da man do catedrático da Universidade de Vigo, Emilio Fernández.  


Tamén se abordaron simposios sobre o musical cos autores do libreto do musical Úrsula Martínez Vázquez e Francisco Rodríguez Crujeiras, actuando como coordinadora Berta Barroso. Outro temática obxecto de simposio foi o uso das curtametraxes como ferramentas pedagóxicas impartida polos profesores do centro de formación profesional do IES Puerta Bonita e o Coordinador de audiovisuais de Climántica, Pedro García Losada.  


Un terceiro simposio referiuse ao traballo cunha banda de escolares que levaron os colaboradores na dirección da banda Julieta Dix e David Galbán. Estas actividades completáronse con diferentes talleres sobre fotografía, creatividade e emprendemento de proxectos escolares impartidos polos profesores do IES Porta Bonita baixo a coordinación da súa profesora de FOL Natalia Outes. Abordouse tamén a Historia como vía transversal para a Educación Ambiental con a charla coloquio “Crises ambientais na Mesoamérica precolombina” impartida por Ernesto Rico, profesor de Historia e Coordinador académico do Colexio Madrid. Tamén se realizou un itinerario de interpretación ambiental guiado por lle Rodrigo Costoya do IES Rosalía de Castro de Santiago. Outra temática importante foi o proxecto Fábrica que presentou o seu director, Pedro Pombo.  


A charla coloquio sobre o proxecto Fábrica tivo continuidade cunha visita de interpretación pedagóxica das instalacións de Fábrica. O seu director realizou acompañou aos docentes para visitar todas as instalacións e en cada unha delas parouse para explicar os contidos pedagóxicos implicados nesa sala, a súa fundamentación e o uso por parte de comunidades educativas. Acto de clausura e de presentación de produtos O acto de clausura do campus foi inaugurado polo Director de Climántica e polo Director de Fábrica Pedro Pombo. Aos 130 participantes sumáronselle 35 familiares desprazados desde Galicia, Lisboa e Segovia.  


No acto presentáronse os cinco curtametraxes producidos en cada un dos cinco grupos de traballo e quedan inseridos a continuación vinculados ao seu título e sinopse. A curtametraxe do Grupo 1, baixo o título de “Mundos paralelos”, relatou como sen ter que saír do mesmo lugar podemos atopar hábitos e comportamentos de produción e consumo antagónicos desde unha perspectiva climática. O consumo e o desperdicio de alimentos dunha cantina universitaria contrasta coa produción tradicional de sal de Aveiro.
   

A curtametraxe do Grupo 2, baixo o título de "2050", centrada no Obxectivo de Desenvolvemento Sostible nº 12, reflectiu a necesidade de cambiar os nosos hábitos de consumo para alcanzar un 2050 sostible.
   

A curtametraxe do Grupo 3, baixo o título de "O Cambio", buscaba destacar o impacto dos nosos pequenos hábitos cotiáns, propondo un novo escenario onde se poidan apreciar as consecuencias positivas que xera un cambio de actitude e un xeito de vida respectuoso e consciente.

     

A curtametraxe do Grupo 4, titulada "A fábrica", reflectiu como os medios de comunicación poden ser unha arma de propaganda ao servizo das grandes empresas. Tras isto crearon o programa "A fábrica" para negar a existencia de cambio climático e así manipular á poboación.

   

El cortometraje del Grupo 5, titulado ‘Solo’, cuenta la historia de un chico de Aveiro que se despierta en un sitio extraño. El mundo que hasta entonces conocía ha cambiado por completo. No hay gente por las calles ni reconoce los lugares por los que solía pasear. ¿Qué ha sucedido? ¿Por qué nada es como lo recordaba? Una serie de pistas y su propia memoria lo ayudarán a recordar cuál ha sido el destino de su planeta. Aunque quizás haya recuerdos que merezca la pena no desenterrar.

 

También se presentó el vídeo del Informe semanal que desarrollaron los alumnos de formación profesional de la familia de imagen y sonido del IES Puerta Bonita de Madrid, en cuyo desarrollo implicaron a los alumnos del taller de edición de vídeo:

   

Despois da presentación das curtametraxes, deuse paso á representación do musical “A Volta ao Clima en 10 Escenas”.  


Os protagonistas deste musical foron os estudantes dunha escola galega, quen recibiu un premio que consistía en visitar as rexións que presentaron iniciativas para analizar as evidencias de impactos nelas e axudar na concienciación da poboación”.  


Partiron de Galicia onde visualizaron o problema do eucalipto, iniciaron o seu percorrido internacional con escala en Madrid, onde analizaron o problema da contaminación por smog fotoquímico. No seu paso por México analizaron o problema extremo do smog fotoquímico analizado en Madrid, as relacións entre as dúas cidades e uníronse a un grupo de mozos activistas.  

En Latinoamérica visitaron tamén Costa Rica onde reflexionaron sobre a problemática dos furacáns e a súa relación con El Niño. O outro país latinoamericano visitado foi Brasil, e alí analizaron a deforestación da Amazonía. Desde alí voaron a Marrocos para analizar o abuso da auga na industria téxtil nun país de clara tensión hídrica e nunha rexión de alta vulnerabilidade ao cambio climático por problemas de desertificación. Por último, no voo de regreso, os alumnos ambientalmente concienciados pola experiencia, analizaron o abuso de combustible e de desperdicios que implican os voos transoceánicos.  


O conxunto do musical representou un importante traballo artístico desenvolto nun tempo que non alcanzou os catro días de traballo. Entre esas fórmulas artísticas tivo un espazo destacado a danza que acompañou as cancións do musical. Estas coreografías preparáronse no taller de danza impartida pola técnica profesional de Danza, Úrsula Martínez Vázquez, tamén coautora da obra.  


Todas as escenas estiveron polo menos acompañadas por unha canción. As cancións elixíronse en paralelo co deseño do libreto do musical, coordinándose os responsables de música cos de teatro. Os arranxos traballáronos o director da banda Jose Rodríguez e a músico profesional Julieta Dix. Os músicos foron os alumnos seleccionados que sabían tocar instrumentos. As cancións ensaiounas Julieta Dix no taller de canto cos alumnos que se apuntaron a ese taller.   A escenografía desenvolveuse no taller de Artes plásticas. Noa Rodriguez, formadora en Belas Artes de Climántica encargouse da realización de láminas que enmarcaban o territorio de cada territorio. Doutra banda, Berta Barroso, profesora de Belas Artes do IES Bernardino de Escalante de Laredo (Cantabria), encargouse, con parte dos alumnos do taller, de representar os territorios a través de volumes xiratorios, no que en cada cara dos prismas aparecía ilustrado nun territorio. Os volumes situáronse nas esquinas do auditorio e os alumnos facíanos virar a medida que aparecían novas escenas, identificando localizacións como no caso de Madrid, primeira parada do roteiro.  


Os alumnos destacaron tanto polo seu activismo exitoso a favor do cambio climático, que recibiron un premio da ONU para que un deles lese un manifesto en nome do grupo no seguinte Cume do clima. Este manifesto foi adoptado polos centros participantes no congreso virtual internacional, desde que se seleccionaron os participantes, para realizar un vídeo da súa lectura colectiva para difundir a través das redes sociais como participación colaborativa na celebración da semana da mobilización infanto – xuvenil polo clima promovida polo movemento Fridays for future.  

O musical resultou emocionante para o público, que de forma efusiva pediu outra canción á banda, que convidou a bailar a todos os asistentes ao campus e aos familiares participantes.  


     


Comentarios:
 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado
  •  
  •  
Bajo el patrocinio de la UNESCO

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino