CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

De Costa Rica a Noia celebrando o Día Mundial do Medio Ambiente

 
 

Neste vídeo resúmese a celebración colaborativa do Día Mundial do Medio Ambiente Climántica 2019 por parte dos cinco centros da provincia da Coruña que participaron no Primeiro campus Climántica Iberoamérica – UNESCO: IES Virxe do Mar de Noia, IES Poeta Añón de Outes, IES Xelmirez I de Santiago, CPI De Dilos de Rois e IES Arzúa. Esa celebración reuniu a máis de 200 alumnos dos 5 centros que desenvolveron actividades no Coliseo Noela e no banco de marisqueo de Testal.  


A primeira parte da xornada celebrouse de 10 a 12:30 no Coliseo Noela, onde se analizaron relacións entre a Economía e a Ecoloxía do marisqueo a pé. A parte de Ecoloxía expúxoa o Catedrático de Ecoloxía da Universidade de Vigo, Emilio Fernández, a de Economía o Catedrático de Economía Aplicada da Universidade da Coruña Fernando Gónzalez Laxe e a Xestión do banco.

 

O evento foi introducido por alumnos do Grupo de Teatro do IES Virxe do Mar que dirixe o profesor Carlos Maquieira. A través dunha interpretación da corrección de traballos, unha parella de profesores termina outorgando un 10 a un alumno con respostas sobre o cambio climático e convidándoo a asistir ao acto.  

A primeira intervención tratou sobre a relación das praderías mariñas e os bancos de marisqueo no contexto actual do cambio climático. Encargouse da defensa da importancia ecolóxica destas pradeiras nos ecosistemas servizo intermareal o Catedrático de Ecoloxía da Universidade de Vigo, Emilio Fernández, cuxa conferencia se recolle na súa totalidade neste vídeo:

   

O catedrático Fernández dirixiu este curso, o 22 de marzo de 2019, unha investigación científico escolar sobre a temática que expuxo. Nela abordáronse mostraxes de bivalvos e zoostera. A mostraxe de bivalvos permitiu situar os datos de abundancia e recrutamento do 3º ano dunha serie iniciada no ano 2017. Os datos relativos á mostraxe de Zostera requiriron dunha cuantificación de biomasa no laboratorio e asociación de especies no sedimento. Procesáronse os datos e realizaron representacións para interpretar abundancias, distribucións e relacións ecolóxicas. O desenvolvemento completo pódese visualizar a través deste vídeo:

   

A continuación da intervención de Ecoloxía, o Catedrático de Economía Aplicada da Universidade da Coruña referiuse ás implicacións da Economía verde e da Economía circular no sector extractivo tradicional do marisqueo a pé de bivalvos. Analizou, desde a situación actual, as oportunidades e os retos do sector no marco do desenvolvemento sustentable e do cambio climático. O contido completo da conferencia pódese visualizar a través deste vídeo.

   

Unha vez finalizada a charla, interveu a Bióloga da Confraría, Liliana Solis Pais, quen caracterizou o ecosistema servizo do banco de marisqueo de Testal, a súa importancia ecolóxica e económica desde a súa localización estratéxica. Explicou a situación actual do banco. Unha vez finalizada esta exposición ás 12:30 do 5 de xuño de 2019, os estudantes desprazáronse ao banco de marisqueo para realizar prácticas in situ das actividades extractivas, co o apoio de profesionais do sector.   

  Despois de realizar a análise das actividades propias do marisqueo, os alumnos tiveron tempo libre para gozar dun dia estival de praia.  

Ao final da xornada de mañá os mariscadores levaron aos docentes e aos alumnos a visualiazar a pradería de Zostera obxecto de estudo en setembro. O estudo do ecosistema servizo finalizou cun picnic por xentileza da Confraría de Mariscadores de Noia.  

A xornada da tarde iniciouse coa conferencia do Director del Centro Nacional del Genotipado Angel Carracedo. A súa conferencia tratou sobre Xenética, ambiente e saúde. Abordou os efectos sobre a variabilidade xenética de impactos ambientais como o cambio climático e as relacións dos impactos ambientais sobre a saúde e a súa relación cos xenes. Ao finalizar a conferencia estableceuse un interesante coloquio de 40 minutos sobre charla coloquio que queda recollida na súa totalidade neste vídeo:

   

Unha vez finalizada a charla coloquio, os portavoces dos alumnos galegos que participaron no Campus de Costa Rica presentaron a experiencia, centrado na organización do traballo do os tres proxectos audiovisuais e nos grupos de traballo de teatro e música do musical.  

Finalmente presentaron os vídeos da investigación de Testal e a Celebración do Día Maritimo Europeo con cancións de sensibilización ambiental interpretadas na cidade de Lisboa e espazos marítimo costeiros dos arredores da capital portuguesa.


   

A xornada rematou coa interpretación no escenario de algunhas das cancións interpretadas o 17, 18 e 19 de maio. Os grupos que as interpretaron foron os que participaron en Lisboa, os grupos de coro e de baile do IES Virxe do Mar e do Poeta Añón.  


Comentarios:
 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado
  •  
  •  
Bajo el patrocinio de la UNESCO

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino