Expuso que para conseguir estes cambios convén someter aos alumnos a conflitos que os leven a reflexionar sobre incoherencias e a facer inferencias, aplicando o principio de disonancia cognitiva, segundo o cal non facemos o mesmo o que dicimos.
Apostou por xerar contextos nos que estas accións cambien en contextos de gregarismo, que leve aos individuos a comportarse de acordo coas accións compartidas por grupos, facendo entrar en xogo, o papel das emocións. Fixo esta reflexión coa orientación do principio da psicoloxía da aprendizaxe de que o cambio nas accións conduce a cambios nas persoas.
En conclusión, sostivo que temos que lograr o compromiso das persoas a través de accións que obriguen a explicitar as crenzas, repensarse a si mesmos e a reconstruír a propia identidade; porque só así se conseguirán os cambios globais que demandan as boas prácticas ambientais.