Xa se pode ver en
Climántica TV o vídeo da conferencia que clausurou, o venres o 29 de xaneiro de 2016, o mes do cambio climático no Parque Nacional de Illas Atlánticas. Esta conferencia, impartida por Francisco Sóñora, autor e director de Climántica, centrouse en contidos científicos seleccionados entre os recollidos nos libros didácticos do proxecto. A selección e secuenciación dos contidos fíxose co obxectivo de trasladar unha visión actual do cambio climático partindo dende as relación das evolucións biolóxica e tecnolóxica da nosa especie con cambios no clima, para situar nese marco os impactos do cambio climático contemporáneo, e rematando co apunte de escenarios para a mitigación do cambio climático.
Todos os contidos expostos na conferencia quedaron organizados en nestes catro bloques:
- Barreiras e camiños derivados dos cambios climáticos que conduciron o proceso evolutivo da nosa especie
- As nosas relacións coa natureza dende a última glaciación ata a actualidade e as súas relacións co cambio climático
- Impactos do cambio climático a nivel global e de Galicia
- Posibles respostas para a mitigación do cambio climático.