A través deste vídeo pódese visualiar unha investigación de Ecoloxía Escolar sobre a Zostera no ecosistema servizo de marisqueo de bivalvos de Testal que se deseñou como experiencia piloto de InnoEduCO2-Erasmus+ en colaboración co proxecto de investigación científica Zosteco da Universidade de Vigo.
O venres 9 de abril de 2021 se reunieron en el ecosistema servicio del marisqueo de bivalvos do sedimento de Testal en la ría de Muros - Noia o catedrático de Ecoloxía da Universidade de Vigo acompañando de colaboradores do seu grupo de investigación con 45 estudantes e 3 docentes do IES Poeta Añón. Os estudantes foron seleccionados por estuar a materia de libre de configuración de Climántica de 2º de ESO e tamén Bioloxía e Xeoloxía en 4º de ESO.
Todos eles forman o grupo de escolares de referencia dos dous proxectos europeos que quedaron de primeiros de España nas dúas modalidades extraordinarias de innovación educativa Erasmus+ que convocou a UE a principios do curso, un coordinado polo Concello de Outes (modalidade KA226 de tecnoloxías) e outro coordinado polo grupo de investigación de Pedagoxía Social e Educación Ambiental dende se desenvolven as liñas de investigación de Climántica na Universidade de Santiago de Compostela, e que é socio de pleno dereito dos dous. Estes dous proxectos Erasmus+ incorporan a esta experiencia piloto inicial ao proxecto de investigación científica da Universidade de Vigo Zosteco, que está financiado pola Fundación Biodiversidade a través dunha convocatoria de libre concurrencia competitiva.
A actividade que se desenvolveu foi deseñada para analizar os planos para tomas de grabación que permitan incorporar estas metodoloxías aos recursos experimentais de Ciencia escolar recollidos na memoría técnica do proxecto InnoEduCO2. Por tanto está deseñada para que os estudantes podan seguir traballando na análise de mostras e datos en semanas posteriores ao día en que se desenvolve a actividade para a corresponde análise de planos e entoques de recollida de datos audiovisuais para xerar os contidos de formación sincrónica e asincrónica que demanda este proxecto. Púxose ao dispor de cada estudante que participa na actividade, un caderno de investigación no que recolleron os datos obtidos e plasmaron os resultados derivados do tratamento de datos efectuado.
A actividade comezou cunha explicación sobre o terreo acerca das praderías mariñas seguido dunha parte práctica.
Na explicación sobre o terreo que durou do orde de 20 minutos abordáronse os seguintes aspectos:
- Características das especies formadoras de praderías mariñas: plantas versus algas
- Orixe evolutiva das especies de praderías: adaptacións ao medio mariño
- Estrutura de Zostera: comprobación da estrutura rizomática. Reprodución.
- Servizos que fornecen as praderías: retención sedimentos, “ nursery”, captura de carbono, depuración auga.
- Relación praderías-diversidade faunística
- Relación entre diversidade e estabilidade
- Ameazas a que están sometidas as praderías: contaminación, alteración da costa, impactos mecánicos: fondos, marisqueo
- Interacción praderías-marisqueo
- Impacto humano e fragmentación de hábitat
- Relación fragmentación de hábitat-diversidade
En canto á metodoloxía implicada no desenvolvento da práctica de campo, organizaronse ao conxunto de estudantes en grupos de 3 (aprox 10 grupos).
Delimitouse unha zona amplia que cubríu tanto pradeira densa, como pradeira fragmentada, como sedimento sen vexetación. Sobre a zona colocaron 10 transectos colocando en cada uno de ellos 8 muestras separadas aproximadamente 2 metros entre ellas. En cada mostrarealizouse unha análise visual e táctil do sedimento.
Cada grupo tomou unha mostra de area nas zonas internas das manchas de pradería e nas zonas anexas sen vexetación, comparando unha serie de variables sedimentolóxicas que serán analizadas visualmente. Esta análise incluirá unha estimación da composición do sedimento, diferenciando entre bioclastos (restos de organismos con exoesqueletos duros) ou grans detríticos. No caso dos grans detríticos, tratarase de identificar o % de cuarzo, feldespatos e micas, os minerais máis frecuentes nas praias de Galicia e facilmente reconocibles a primeira ollada. Nos sedimentos asociados a pradarías mariñas é frecuente que aumente a proporción de finos con respecto a zonas de areas anexas, polo efecto estabilizador que exerce a pradería no sedimento, freando á súa vez a velocidade de corrente e favorecendo a sedimentación de finos. Fíxose unha primeira aproximación polo efecto textural da area nas mans. Ademais, anotarase o diámetro aproximado da mancha de Zostera sobre a que se muestrea (no caso de que a mostra se sitúe sobre a pradería).
Posteriormente, colocarase un cadrado de mostraxe de 20x20 cm e realizarase unha estimación de cobertura de Zostera.
A continuación, tomouse unha mostra cun corer de 15 cm de diámetro.
O sedimento recolleito colocouse nunha malla de 0,5 mm de luz, que levouse ao mar para o seu lavado, de forma que se elimine todo o sedimento que sexa posible.
O material retido na malla introduciuse nunha bolsa de plástico que se marcou co código da mostra e se introduciu no interior unha etiqueta por si borraba o código externo. Estas mostras leváronse ás neveras da Área de Ecoloxía da Universidade de Vigo para analizalas no laboratorio do IES Poeta Añón o martes de semana seguinte.
Traballo no laboratorio Á semana seguinte, en concreto o martes 13 de abril, o mostraxe de campo analizouse no laboratorio do IES Poeta Añón de Outes. Cada grupo procesou as 8 mostras recollidas. Inicialmente, separaráronse as plantas de Zostera, contando o número de pés en cada mostra.
Todas as plantas de Zostera colocáronse sobre nun papel de meseta e deixaranse secar durante 2-3 días. Tras ese período, pesaranse para calcular a biomasa seca desta especie en cada mostra.
No que respecta á fauna, separaranse os distintos organismos que se atoparon na mostra, clasificáronse en grupos taxonómicos e contáronse o número de individuos de cada grupo. A investigación prolóngarase segundo o plan acordado co profesorado de Bioloxía e de Matemáticas para analizar os datos co s conseguintes métodos estatísticos. Todos os datos que se vaian obtendo anotaranse na correspondente ficha que se fornecerá a cada estudante. A fase final da sesión dedicarase a que os estudantes extraian as conclusións da súa investigación e escríbanas no seu caderno de investigación. Unha vez os estudantes procesen os seus datos e elaboren os seus resultados realizarase unha nova sesión cos tres grupos de estudantes de diferentes cursos. En cada grupo realizarase unha posta en común de resultados e unha presentación das conclusións alcanzadas. Os estudantes serán interpelados polo profesorado e as súas argumentacións gravadas e posteriormente procesadas.