CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Representación do musical Traxedia

 
Este vídeo recolle un breve resumo da presentación dos tres cortometraxes titulados: 1) MACC, 2) La otra realidad, 3) No hay planeta B. O tempo restante do vídeo, recolle na súa integridade o musical Traxedia. O musical, cuxo libreto se desenvolveu dentro das tarefas do IES Virxe do Mar en EduCO2cean-Erasmus+, estivo dirixido polos autores do texto, Irene Maquieira e Carlos Maquieira, contando coa coordinación de Telma Lago e coa participación no proceso de formación de Francisco Crujeiras e con Lucía Bascoy. As coreografías deseñounas e ensinounas Úrsula Martínez. Co título de Traxedia, abordou, desde o xénero clásico da traxedia grega, o problema da subida do nivel do mar e as súas implicacións sobre refuxiados climáticos, vistos desde diferentes continentes e territorios. Este vídeo recolle a primeira representación, que se celebrou o 6 de setembro no centro de divulgación científica, como clausura da fase de producción en Aveiro. Logo tivo lugar unha segunda representación no Coliseo Noela de Noia na noite do venres 8 de setembro, no acto de peche da fase de difusión do seminario docente de investigación acción sobre o campus xuvenil internacional.



Os tres curtametraxes producidos no campus xuvenil internacional

Quedan a disposición dos usuarios os tres curtametraxes producidos no campus. Cada un foi elaborado por un equipo de 13 membros, con todos os roles dunha produtora profesional, asignados segundo talentos, competencias e apetencias. En todos os equipos hai representación de todas as idades e de todos os dominios climáticos representados no campus.



1) A curtametraxe producida polo grupo 1, titulado “MAAC”, estivo coordinado Antonio García Vinuesa. MAAC son unha serie de anuncios publicitarios nos que se tentan transmitir algunhas causas, consecuencias e posibles solucións do cambio climático, coa finalidade de promover conciencia social sobre a inaccesibilidade da mitigación e adaptación ao cambio climático.



2) A curtametraxe producida polo grupo 2, titulado “A outra realidade”, estivo coordinado por Aitor Alonso. A sinopse desta curtametraxe resúmese en que un simple correo electrónico serve como eixo central desta historia na que a desigualdade social produto do cambio climático vese completamente reflectida. Pobreza, secas e fame ao carón da pantalla mentres que compras e malgaste de recursos ao outro. A conclusión é clara: cambiar esta realidade depende de ti.



3) A curtametraxe producida polo grupo 3, titulado “Non hai planeta B”, estivo coordinado por Julieta Dix. Na sinopse elaborada polo grupo expresan que bailan para crear unha ponte entre as situacións totalmente paradoxais que suceden co cambio climático e o futuro esperanzador que queremos, baseado no uso da tecnoloxía como solución.


Comentarios:
 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado
  •  
  •  
Bajo el patrocinio de la UNESCO

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino