CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Musical "Resposta de Gaia fronte ao cambio climático"

 

En Climántica TV acaba de publicarse o vídeo da representación do musical no acto de fin de campus celebrado no teatro municipal La Cárcel de Segovia. Neste musical titulado "Resposta de Gaia fronte ao cambio climático", a letra e música creouse antes de chegar ao campus, e a repartición de personaxes realizouse na seguinte quincena de xullo, tendo en conta a vocación polas artes escénicas expresada polos alumnos. Previo ao inicio do campus xa se dedicara a xornada do 5 de xullo a realizar un ensaio musical cos músicos de Galicia que manifestaron ter formación musical e interese por formar parte da banda

O musical desenvolveu unha historia que coñecen ben os mozos, as historias de super heroes. Os personaxes súper heroes (Terra, Aqua, Aero, Piro e Flora Faunez) esfórzanse por axudar a Gaia na súa desesperada petición de axuda diante dos impactos do cambio climático que está a sufrir, e os antagonistas (Lodo Mc Mugres, Brea, Secretaria de Lodo e Enigma) son interpretados polos alumnos dos países e comunidades autónomas participantes no campus que se mostraron con vocación e formación teatral. As súas cancións e bailes estarán conducidos pola música que interpreta unha banda musical formada polos mozos premiados que completaron estudos de conservatorio ou están a punto de facelo.

As mensaxes que se lanzan son varios, entre os que destacan:

  • O progreso e a ambición humana como desencadeante da maioría das accións que levaron ao planeta á situación de abandono e precariedade na que se encontra hoxe en día. Está presente sobre todo no personaxe de Lama McMugres e en todas aquelas imaxes que se proxectan na primeira metade do musical.
  • Os problemas dos sistemas terrestres e os seus mecanismos de auto limpeza para soportar os continuos ataques que sofren día a día e a súa debilidade cada vez máis patente. Está presente no personaxe de Gaia (o espírito gardián do planeta, aquela que vela polo seu benestar e o seu correcto funcionamento), representación do planeta e a súa dor.
  • A necesidade dunha resposta baseada no desenvolvemento sostible ante os problemas ambientais e o conflito medio-progreso. Presente no personaxe de Flora Faunez e varios dos diálogos que teñen lugar na súa presenza.
  • O cambio que debe dar a sociedade ante a súa actuación para co medio, dende un enfoque egoísta e de despreocupación cara a outro de sensibilización e conciencia ambiental. Esta mensaxe está nos personaxes de Enigma e Brea e a súa conversión do bando de Lama McMugres ao de Gaia e os seus elementos.
  • Non é necesario ser un súper heroe ou ter súper poderes para cambiar as cousas. Que realmente calquera persoa da pé cun mínimo de educación ambiental e ganas de axudar pode coidar o medio mediante un número de pequenas cousas e cambios de actitude.


Comentarios:
 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado
  •  
  •  
Bajo el patrocinio de la UNESCO

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino