CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

“Unha ollada a Galicia dende a Economía Aplicada” camiño do novo intercambio Galicia-Canarias

 
Neste vídeo recóllese a conferencia titulada “Unha ollada á Galicia dende a Economía Aplicada” impartido polo catedrático de Economía Aplicada da Universidade de A Coruña e ex-presidente da Xunta de Galicia, Fernando González Laxe no acto de clausura do intercambio Galicia-Canarias do curso pasado.

Na edición deste curso está previsto que participe de novo, pero esta vez co tema “Galicia e Canarias entre portos no mundo global en cambio climático”, aportando así un dos ámbitos nos que máis se especializou xa dende a súa tese doutoral, e que desenvolveu retos de xestión tan relevantes como a presidencia de Puertos del Estado. Esta intervención irá coordinada no marco simposio con outra do ámbito da Ecoloxía mariña relativa ao cambio climático, que aportará o catedrático de Ecoloxía da Universidade de Vigo e director do Campus do Mar, Emilio Fernández.

A universidade de Santiago estará presente tamén no programa coa participación do seu catedrático de Medicina Legal, e director da Fundación Galega de Medicina Xenómica e do Centro Nacional del Genotipado, Ángel Carracedo que tamén participó na edición do curso pasado, e que a súa participación na deste curso permitirá introducir reflexións sobre as relacións entre la xenómica e o ambiente.

O intercambio deste ano xa ten o programa de Canarias pechado e que coincide co do curso pasado unicamente na visita ao ITER, aínda que as actividades relativas á relevancia das enerxías renovables son todas diferentes (Gymcana sobre renovables, actividades de cálculo de pegada de C na vivenda bioclimática e análise de calidade de auga e aire en INVOLCAN). Os  itinerarios previstos para este curso céntranse en aspectos xeomorfolóxicos volcánicos e as implicacións ecolóxicas (Reserva Natural especial Montaña Roja en Granadilla de Abona, xeomorfoloxía en Garachico). As actividades no Teide desta edición desenvolveranse dende o Centro de Visitantes Telesforo Bravo do Parque Nacional do Teide. Outra novidade da edición deste curso son as  actividades de mergullo en Adeje no marco do proxecto Océano Sostenible. Todas as actividades e vivencias terán un análise climático dende as particularidades deste dominio climático para establecer comparacións con Galicia.

En relación a Galicia só están seleccionadas as temáticas representadas pola participación destes tres catedráticos das tres universidades galegas. Os proxectos escolares e o programa concretaranse nos próximos días nunha reunión de traballo da comisión docente dos centros dos 5 concellos implicados no intercambio: o IES Virxe  do Mar de Noia, o IES Rosalía de Castro de Santiago, o IES Praia Barraña de Boiro, o IES Poeta Añón de Outes e o CPI Dos Dices de Rois.


Comentarios:
 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado
  •  
  •  
Bajo el patrocinio de la UNESCO

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino