Publicado o
16 11 2012 as 24:00
|| Categoría
Actividades
Xa se pode ver en
Climántica TV o
vídeo da
entrevista ao copresidente do grupo III sobre Mitigación do IPCC, Ramón Pichs Madruga, que desenvolveron o martes 6 de novembro de 2012 os alumnos Úrsula Martínez do IES Valle – Inclán de Pontevedra e Álvaro Castro do IES de Arzúa. Esa entrevista foi conducida por seis preguntas seleccionadas dunha relación de quince elaboradas dende o proxecto Climántica. As preguntas que o doutor Pichs Madruga responde no vídeo, son:
- Cales serían as funcións e estruturas básicas do IPCC?
- Poden ter interese as políticas actuais de cambio climático para atacar a crise económica actual global?
- Se os países máis vulnerables ao cambio climático son os menos culpables, e o 25% da poboación está a consumir o 75% dos recursos, ¿cales serían as posibles solucións para intentar reequilibrar?
- En que rexións do mundo haberá máis secas e inundacións? Poderán existir tamén rexións favorecidas?
- Cales son os principais avances e frustracións dos cumios de Bali, Copenhague, Cancún e Durban?
- Considera vostede que nesta loita fronte ao cambio climático, podemos atopar nós oportunidades profesionais?