O doutor Anguita centro este seminario na procura de respostas á pregunta sobre se a nosa soidade (ou compañía) cósmica é tal vez a máis popular que se pode facer á Ciencia, e sobre as implicacións das nosas accións para a continuidade da vida do Planeta no cosmos. Dixo que o fío condutor introdutorio para responder a estas preguntas, buscouno nun libro escrito por dous científicos, un paleontólogo e un astrónomo. Unha vez exposto este fío condutor introdutorio, pasou a avaliar o comportamento da nosa sociedade co resto da biosfera, e co planeta en xeral.
Con este enfoque, consolidou a estrutura conceptual do seminario sobre estas catro ideas - eixo fundamentais:
1) As condicións para a vida no Universo.
2) A información do rexistro xeolóxico sobre a vida na Terra.
3) O homo sapiens e as súas relacións cos recursos xeolóxicos.
4) Consecuencias para a biosfera do uso dos recursos xeolóxicos da nosa época e as solucións que lle estamos a dar.
A argumentación sobre estes catro eixos conceptuais que expuxo no seminario, quedan recollidos neste documento que queda á disposición dos usuarios para a súa descarga.