Publicado o
09 10 2009 as 24:00
|| Categoría
Formación Profesorado
Climántica inicia mañá sábado 10 de outubro o primeiro curso de formación en Portugal. Este curso é unha adaptación ao sistema educativo portugués do curso de terceiro posgrao
Ciencias para o Mundo Contemporáneo no proxecto Climántica do que se convocará a segunda edición nesta páxina web para a semana. Está coordinado polo grupo docente de Climántica na Universidade de Coimbra que contan co
apoio institucional de Comisión Nacional da Unesco en Portugal. A formación presencial extendese ao longo do primeiro trimestre e remata o 19 de decembro, de acordo co
programa. A fase práctica desenvolverase ao longo de todo o curso e ao remate do mesmo farase unha posta en común das experiencias piloto. Os docentes dos primeiros centros piloto en Portugal formados neste curso, desenvolverán a aplicación do proxecto con un blogue de centro da modalidade internacional de Climántica, quedando a súa disposición neste sitio web os
titoriais en portugués.