- Climaeucambio, para os centros que desenvolven Proxecto interdisciplinar de 1º de ESO, sobre clima e cambio climático ou que aplican esta proposta noutros cursos desta etapa e para o que se dispón dun sistema de blogues e da aplicación de Meteoescolas para traballar cos datos directos das estacións escolares desenvolta por MeteoGalicia no marco de colaboración desta iniciativa.
- Aprendemos coas escolas climánticas, para 3º ciclo de Primaria ou 1º de ESO, nos centros que desenvolven proxectos interdisciplinares sobre enerxía, consumo responsable, mobilidade e cambio climático con este sistema de fichas que se apoian no contido dos dous números do cómic Palmira e Marcial, na novela A treboada de C, e no videoxogo CLMNTK, no seu sistema de blogues, podendo desenvolverse tamén de forma interactiva.
- Aplicación da materia de Ciencias para o Mundo Contemporáneo co fío condutor da sostibilidade mediante o sistema de edublogues.
Todos os centros de Galicia que teñan interese en que Climántica desenvolva nos seus centros estas propostas participativas, poden solicitalas de acordo coas indicacións que se enumeran nos dípticos sobre os obradoiros de Primaria e sobre os de Secundaria, para o que deben descargar a ficha ao disco duro, cubrila e enviala como documento adxunto a climantica@climantica.org.