As actividades iniciáronse ás 11 de la mañá do día 25 de xuño coa visita ao Acuario do Grove e posterior visita á salga de Punta Moreiras e ao Museo da salga. Pola tarde fixéronse actividades de integración, cohesión do grupo e inicio da convivencia. Ás 18 horas embarcaron por primera vez no porto de O Grove rumbo a Punta Carreirón (Illa de Arousa) onde visitaron a zona de especial protección de aves (ZEPA). Antes de subir ao barco foron informados polas 5 monitoras das condicións e normas para a vida no barco e definíronse os 4 grupos de traballo: terra, auga, lume e aire. Ao subiren ao barco foron recibidos polo Patrón quen lles dou a benvida a bordo e lles presentou aos outros 3 membros da tripulación. Durante a navegación fixéronse actividades relativas a meteoroloxía e oceanografía. Pola noite fixeron actividades de convivencia en Portovonovo, onde pernoctaron.
O venres 26 de xuño o barco saíu de Portovono e durante a ruta da mañán os estudantes recibiron explicacións sobre navegación. Ao medio día subiron a Santa Tecla onde desenvolveron as rotas de sendeirismo da zona abordando de xeito interdisciplinar aspectos, ecolóxicos, paisaxístiscos, de ordenación do territorio desde os enfoques histórico e etnográfico. Pola tarde navegaron cara o Porto de Baiona onde visitaron o pobo, desenvolvendo actividades nocturnas de convivencia, pernoctando neste porto.
O sábado 27 de xuño o barco saíu de Baiona rumbo ás illas Cíes. Durante a viaxe fixéronse prácticas diversas entre as que destacaron a identificación de mamíferos mariños, o cálculo do pH da auga do mar que resultou ser do orde de 8.3.
Calculouse a temperatura da auga en superficie (17.9º C), a 15 m de profundidade (17.3º C) e a 40 m de profundidade (14.2º C) co que se buscou a relación desta temperatura coa penetración da radiación solar na auga do mar e coa estación. Tamén se calculou a salinidade que resultou ser do orde de 35 por mil. Aproveitouse para explicar a relación destes parámetros coa formación das correntes mariñas e a relación destas co clima, e por tanto a súa alteración cos cambios climáticos. Tamén se fixo unha recollida de plancto e a continuación observouse os seus organismos con lupas binoculares. Unha vez que se desembarcou nas Cíes ao medio día, procedeuse a facer unha ruta na que se observaron as dúas illas e as adaptacións da súa flora, a xeomorfoloxía, a paisaxe, as características da plantación forestal e a historia das illas. A visita rematou co baño e posterior picnic nunha praia. Pola tarde saíuse rumbo a Bueu e durante a navegación fixéronse prácticas de navegación a vela, izando e arriando velas.
O día 28 de xuño, antes de saír e aproveitando que amañeceu coa presenza dunha fronte o Patrón explicou aos estudantes as observacións do día anterior que lle permitiron facer a previsión da entrada do frente, como os arroaces que viran refuxiándose cerca de terra. Identificou tamén outros indicadores de cambio de tempo durante a navegación. A continuación saíuse rumbo as illas Ons. Alí fixeronse fixéronse diversos tomas de mostras no intermareal rochoso e areoso. Tamén se fixo unha rota cos mesmos obxectivos que os anteriores e rematouse a visita co baño nunha praia próxima ao embarcadoiro. A continuación embarcouse rumbo as illa de Sálvora onde se fondeou para facer actividades de observación de estrelas. Aproveitouse para explicar a orientación na navegación coa súa observación e as dos faros que se avistaban. Tamén se contaron unha serie de lendas que contaban os mariñeiros na zona.
O día 29 de xuño visitaron a illa de Sálvora cos mesmos obxectivos que nas rutas anteriores e facendo especial fincapé na visita á aldea que quedou deshabitada nos anos 70 do século pasado. A continuación saíuse rumbo á Pobra do Caramiñal con apoio de navegación a vela. No porto de Pobra comeron e despediron a parte das monitoras e a tripulación. Pola tarde visitouse o Parque Natural de Corrubedo cos mesmos obxectivos que nos itinerarios anteriores e rematouse o campamento coa despedida no salón de actos do Centro de interpretación.
En definitiva, unha estancia moi intensa e rica en formación e convivencia, tal e como se merecía este grupo de 30 estudantes excelentes premiados, aos que o equipo Climántica felicita unha vez máis e anímaos a que sigan pola liña de rigor académico que os trouxo ata esta apaisoante aventura de convivencia e aprendizaxe ambiental.