CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Documental en ClimánticaTV sobre a presentación oficial da introducción de Climántica en primaria

 


O venres 30 de xaneiro de 2009, coincidindo coa clausura da Xornada de orientación para a introducción de Climántica en Educación Primaria, procedeuse á presentación oficial da introducción en 5º e 6º de Primaria a través da área de Coñecemento do medio, da que se pode ver xa o documental que recolle este acto en Climántica TV.

A Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria abriu esta parte institucional, outorgándolle  a palabra ao director de Climántica quen presentou as características do proxecto. Entre estas características destacou que Climántica é un proxecto interdisciplinar de Educación Ambiental en rede que aborda todas as problemáticas ambientais relacionándoas co cambio climático, onde os produtos permiten o desenvolvemento de proceso, xerando novos produtos, e onde as competencias básicas e o diálogo disciplinar domina sobre a lóxica disciplinar, mantendo un equilibrio entre rigor científico e espíritu lúdico, e entre razón e emoción. Salientou tamén o desenvolvemento satisfatorio en rede que lle permitiu superar fronteiras servindo máis de medio millón de páxinas a través da súa páxina web.

En relación ao desenvolvemento da xornada, indicou que nela se orientou  ao profesorado sobre a introdución do proxecto en base aos seus cinco centros de interese: enerxía e cambio climático, residuos, auga, biodiversidade e territorio. Tamén explicou a oportunidade de chegar neste momento á Educación primaria, unha vez deseñadas as dúas primeiras unidades que configuran o primeiro centro de interese: enerxía e cambio climático. Outro motivo no que fundamentou esta oportunidade é na edición dos tres tipos de produtos globais, lúdicos e imaxinativos necesarios para dotar de recursos, contidos globais e actividades a proposta para Primaria: os dous números da serie de banda deseñada Palmira e Marcial, odisea medioambiental, correspondentes ás dúas primeiras etapas, a novela A treboada de C da  colección Contos Climánticos e o videoxogo infantil CLMNTK sobre xestión enerxética e territorio no marco da sociedade futura do cambio climático.

Por último presentou a secuencia de  actividades Aprendo coas Escolas Climánticas - I elaboradas dende o primeiro centro de interese: Movémonos e consumimos de forma moi diferente a como o facían os nosos avós. Isto provocou o cambio climático, pero coa miña axuda podémolo frear e usando os recursos e contidos globais dos tres tipos de produtos.

A continuación a Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria tomou a palabra destacando que Climántica é un proxecto moi querido pola variedade, calidade e os resultados que aporta un traballo interdepartamental e interdisciplinar. Destacou os seus óptimos resultados no ensino secundario onde máis de 12.000 estudantes están traballando co proxecto.

Abordou tamén a importancia da Educación Ambiental para afrontar de forma conxunta o reto do cambio climático. Indicou que a  preocupación mediática e social do problema non lle pasa desapercibida aos escolares, que preguntan sobre o que escoitan en relación aos fenómenos asociados ao cambio climático. Tamén salientou que a Unión Europea, ao igual que todos os demais organismos internacionais, poñen o acento na educación para as medidas e solucións futuras.

Comentou tamén a grata impresión que causou o proxecto na ONU, cando o presentou en xuño, na compañía do Director Xeral de Desenvolvemento Sostible, destacando a valoración que este Organismo fixo do seu potencial de réplica e o apoio recibido para implantalo noutros países, como é o caso das experiencias piloto en Arxentina, Cuba e Portugal.

Por último, apuntou a súa previsión de que a introdución en Primaria que motivou a xornada, conducirá a unha implantación ao menos tan exitosa coma a que tivo en Secundaria, destacando que todos sabemos que os mestres e os estudantes de primaria destacan pola súa capacidade de innovación e dinamismo.

A continuación tomou a palabra o Conselleiro de Medio Ambiente, felicitando  e agradecendo á Consellería de Educación por colaborar nesta iniciativa que vai á raíz para abordar o reto, ao entrar con el na educación dos máis novos.

Considerou que este é un exemplo bo para práctica política, por canto que saca aos gobernantes da tentación de vivir ao día e pensar no inmediato. Por iso subliñou a importancia de manter este camiño iniciado, do que o seu departamento estaba orgullosos ao sentir que se están sentado bases de futuro, e por ter un modelo que outros queren copiar. Polo que concluíu agradecéndolle á Consellería de Educación por dar a oportunidade de chegar xa co reto do cambio climático aos que van a ser os axentes activos na solución.


Comentarios:
 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado
  •  
  •  
Bajo el patrocinio de la UNESCO

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino