Tamén se admiten novas solicitudes de apertura de blogues e de incorporación á iniciativa Climántica – Meteo para recibir o material de meteoroloxía escolar e a dotación da aplicación web que pon a disposición dos centros MeteoGalicia.
De cara a atender as posibles demandas de actualización didáctica do profesorado para o desenvolvemento desta proposta, reedítase o curso de posgrao. Este curso celebrarase na facultade de Físicas da USC os mércores 5, 12, 19 e 28 de novembro e o 3 de decembro. O horario será de tarde, de 18 a 21 horas.
O prazo de inscrición abrirase nesta web na primeira quincena de outubro.
Pode solicitarse máis información a través do enderezo de contacto desta web climantica@climantica.org.