Os días 26 e 27 de maio desenvolveuse a primeira experiencia piloto de Climántica no sistema educativo cubano. Nesta experiencia piloto estudantes da “Ciudad Escolar Libertad” con idades comprendidas entre 13 e 14 anos desenvolveron unha dinámica de grupos para avaliar ideas previas sobre causas e efectos do cambio climático. As primeiras actividades de Climántica en Cuba remataron coa conferencia do director de Climántica no V Congreso Internacional de Educación Enerxética celebrado no Instituto Pedagóxico da cidade de Habana.
Esta mesma dinámica desenvolveuse o día 29 de maio con estudantes de 15 e 16 anos do colexio Santiago Apóstolo da cidade de Bos Aires. Neste mesmo centro o director de Climántica impartiu unha charla - coloquio á que asistiron tódolos alumnos do ensino secundario do centro. As primeiras actividades de Climántica en Arxentina concluirán nas Xornadas sobre Cambio Climático que se celebran na Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires os días 30 e 31 de maio.