Trátase dun curso de posgrao da Universidade de Santiago de Compostela. Contido: O curso organízase nestes 6 módulos (ver documento programático completo):
- Creando blogs e foros en “Climaeucambio”
- Aplicacións didácticas dun blog e dun foro
- Ferramentas TIC para blogs e foros
- Autoformación orientada mediante a didáctica multimedia de Climántica
- Fundamentos de meteoroloxía escolar
- Prácticas sobre cambio climático.
-
Horas presenciais: 21 horas, repartidas en 6 sábados de 10 a 13:30 horas:
- Dous en febreiro: 16 e 23
- Tres en marzo: 1, 8 e 29
- Un en abril: 5
-
Horas non presenciais: 39 que se computarán por actividades entre cada dúas sesións presenciais que consistirán en:
- Retroalimentación cos poñentes, facendo preguntas, consultando dudas e información na plataforma
- Desenvolver actividades prácticas na aula cos estudantes a modo de investigación-acción.
- Lugar: magna, aula de informática e laboratorio da facultade de Físicas do Campus Sur da USC
-
Inscrición e matrícula gratuita.
- A inscripción faise cubrindo este impreso P-11 para envialo a climantica@xunta.es desde a publicación nesta web ata o día 15 de febreiro.
- A matrícula definitiva dos inscritos farase o primeiro día de curso entregando copia asinada do mesmo impreso P-11 (enviado por correo electrónico na inscripción) e unha fotocopia do DNI.
Para máis información pode consultarse o documento programático do curso e a información sobre o contido da competencia dixital da guía didáctica e o exposto na xornada formativa sobre Climaeucambio