CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Climántica na VI Semana da Ciencia do IES Nº1 de Ribeira

 

Ribeira

No marco das actividades da VI Semana da ciencia do IES Nº1 de Ribeira que se centrou no cambio climático, o martes 29 de maio, o Director Xeral de Desenvolvemento Sostible impartiu unha conferencia titulada “O cambio climático, un reto para Galicia e un reto para a Humanidade”. A seguinte conferencia correu a cargo do Director do proxecto, quen baixo “Cambia o clima? Climántica responde”, expuxo a importancia do cambio Climático como fío conductor de todo o proxecto. Durante o coloquio correspondente á primeira intervención os alumnos interesáronse por os principais problemas ambientais de Galicia, as solucións máis urxentes, sobre se podería compensar o uso da enerxía nuclear. As preguntas relativas á segunda intervención centráronse na existencia de riscos de furacáns en Galicia, a importancia de que se adopten medidas políticas para resolver o problema e a duración no tempo do proxecto Climántica.


Por último a organización da VI semana invitou ao Director Xeral e ao Equipo Climántica a ver a exposición de actividades prácticas, recibindo unha detallada explicación daquelas que resultaron da aplicación do proxecto no centro, entre as que destacan modelos de simulación coma os dos efectos Ártico e Antártico, efecto invernadoiro, formación de furacáns, prácticas para evidenciar os efectos da choiva ácida, construcción dun pequeno coche solar e visualización dunha extensa exposición de murais relativos ao cambio climático. Todas estas actividades, ao igual que as dos demais centros que desenvolvan o proxecto, poden verse no apartado de Centros desta web.


Comentarios:

Enviado por Mercedes Rodríguez Ruibal 17 06 2007 as 20:50

Como Coordinadora da VI Semana da Ciencia do IES nº1 de Ribeira manifesto a miña satisfacción polo éxito obtido e o meu agradecemento a tod@s os que colaboraron na súa realización, moi especialmente aos 150 alumnos-monitores polo seu entusiasmo, aos 20 profesores polo esforzo adicado e unha gratitude especial para todo o Equipo Climántica e o Director Xeral de Desenvolvemento Sostible polo seu apoio decidido.
Grazas e Noraboa polo Proxecto
Climántica.
 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado
  •  
  •  

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino