CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Evolución da temperatura en A Coruña

 

Comentarios:

Enviado por Juan José 07 03 2007 as 10:13

Quixera saber estes datos da provincia de Ourense e posible?

Enviado por faicalore 07 03 2007 as 10:14

Unha cuestion linguistica, ou ben e media movil ou media mobil, pero as duas na grafica non quedan ben.

Enviado por Augusto Pérez Alberti 07 03 2007 as 10:14

Pareceme unha boa idea abrir un portal con in formación climatica e paleoclimática mais non estaría de máis fundamentar un pouco máis o tema e aportar material existente caso do Atlas Climático de Galicia editado pola Consellería de Medio Ambiente e que aparece nas suas páxinas en formato pdf.

Enviado por maria 07 03 2007 as 10:15

Boto en falta un apartado sobre producción e consumo enerxético e a súa relación co cambio climático.

Enviado por Equipo Climántica 07 03 2007 as 10:16

A producción e consumo enerxético estámolo traballando na unidade nº 2 "Se queimamos quentamos"

Enviado por O home do tempo 07 03 2007 as 10:17

Muy bonito el gráfico. Sólo se echa en falta un pequeño detalle: citar la procedencia de los datos. Parece algo elemental.¿O hay algún interés en no citar la fuente?.

Enviado por Equipo Climántica 07 03 2007 as 13:02

A fonte dos datos é Meteo Galicia, organismo colaborador do proxecto que forma parte desta Dirección Xeral.

Enviado por O home do tempo 07 03 2007 as 14:59

Es curioso, porque los datos se parecen mucho a la serie histórica de temperaturas del observatorio meteorológico de A Coruña, perteneciente al Instituto Nacional de Meteorología (Ministerio de Medio Ambiente)...¿o no?

Enviado por Equipo Climántica 12 03 2007 as 09:09

Revisada a fondo a procedencia dos datos no día de onte, constatouse que efectivamente a orixe dos datos é o Instituto Nacional de Meteoroloxía. Na próxima actualización procederase a incorporar a fonte á gráfica. Agradécese esta contribución á mellora da información nesta web.

Enviado por stefano 06 04 2007 as 14:01

Hola

quisiera saber que diferencia hay entre el clima de la zona norte de lugo y el del sur, cerca de Orurense. Alguien me puede contestar? Gracias!

Enviado por Equipo Climántica 09 04 2007 as 13:51

Trasladada a consuta a Meteogalicia, respondéronos o seguinte:
Si nos fixamos nos valores totais anuais de precipitación non se aprecian grandes diferenzas entre norte e sur de Lugo (ver Atlas Climático de Galicia, A. Pérez Alberti e A. Martínez Cortizas). Nunha análise máis polo miúdo observase que:

1.- Na costa hai precipitacións débiles (xeralmente causadas por frontes cálidos o por forzamento orográfico), pouco cuantiosas pero probables durante todo o ano. No sur as precipitacións son tamén pouco cuantiosas, pero a súa distribución non é igual durante todo el ano, prodúcense sobre todo en outono e en inverno e en moita menor cantidade no verán (en esta estación, parte da precipitación débese a tormentas, con choivas de intensidade moderada). O número de días de choiva tamén é maior no norte que no sur.

2.-En canto ás temperaturas, se nos quedamos só cos valores de temperatura media, tampouco se observan grandes diferenzas, aínda que a realidade é ben distinta. Na costa norte o efecto suavizante da proximidade ao mar leva consigo que as temperaturas sexan suaves, con pouca oscilación térmica, dentro do día e con pouca variación entre las distintas estacións, apenas sen xeadas. No sur de Lugo, o clima ten características continentais: a oscilación térmica é moi forte e as diferenzas estacionais tamén. Debido ao fenómeno de irradiación nocturna prodúcense xeadas durante as noites, que poden suceder en outono, inverno e incluso en primavera. En verán as temperaturas máximas alcanzan valores altos, superando durante gran cantidade de días os 30º. Las néboas é outro fenómeno meteorolóxico frecuente no sur, sobre todo en condicións anticiclónicas.

 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado
  •  
  •  
Bajo el patrocinio de la UNESCO

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino