CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Erasmus+ de innovación COVID-19 outorgou o primeiro posto das súas dúas modalidades a proxectos dese...

 
 

A visión de Climántica ás dúas solucións pedagóxicas derivadas da COVID-19 que demanda a UE foron as máis valoradas das presentadas en España. A subvención total é case de 500.000 € a repartir segundo funcións entre 10 socios de cinco países (España, Portugal, Italia, Polonia e Rumanía) entre os que hai 4 universidades (USC de España, U Aveiro de Portugal, Universidade Alexandru Ioan Cuza din Iasi de Rumanía e U Bolonia de Italia) 4 escolas (unha de Canarias, outra de Polonia e dúas de Portugal), unha administración local (Concello de Outes) e un centro de supercomputación (CESGA).  

Socios do proxecto InnoEduCO2:

 

Socios do proxecto EDUCinema Clima TurAction:

   

Na tarde do pasado mércores, 17 de febreiro de 2021, o Ministerio de Universidades, a través da páxina Web do Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE), informaba da resolucións -provisorias- de concesión  de axudas aos proxectos presentados á convocatoria do Programa Erasmus+ nas súas dúas  modalidades de innovación educativa  que convocou a UE para solucionar as carencias pegagóxicas derivadas da pandemia: "Asociaciones para la Preparación para la Educación Digital en el sector de la Educación Escolar" (KA226) e "Asociaciones para la Creatividad en el sector de la Educación Escolar" (KA227).


Climántica deseñou dous proxectos europeos seleccionados de primeiros nas dúas convocatorias Erasmus+ de innovación educativa para a COVID-19. Nelas participou o Grupo de Investigación dende se desenvolve a dimensión de investigación de Climántica, de Referencia Competitiva no SUG, que é o de Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea) da Universidade de Santiago. As dúas obtiveron as mellores valoracións nas dúas modalidades (nº 1).   A base técnica das dúas iniciativas foron propostas aos dous núcleos dende se está a apoiar a nivel institucional ao proxecto Climántica. No ámbito escolar presentóuselle a idea ao Concello de Outes por ser a sede do primeiro centro educativo piloto de Climántica, e por tanto un líder ideal para coordinar iniciativas de compensacións tecnolóxicas dentro das dificultades de conectividade no rural. No ámbito da creatividade optouse pola experiencia en Pedagoxía Social e Educación da USC.

Sendo os dous proxectos que contaron coas mellores valoracións, ocupando o primeiro lugar de todas as solicitudes presentadas en España, posicionan ao proxecto Climántica nun liderado científico e académico de especial relevancia para procurar respostas educativas e sociais á crise ocasionada pola COVID-19. Deste xeito a Pedagoxía Social e a Educación Ambiental e a potencia da transferencia da educación á sociedade superando fendas tecnolóxicas do ámbito dos pequenos concellos de Galicia quedan como modelos a seguir dende o liderado que exercen e sitúanse ambas institucións como máximos expoñentes de España para UE na xénese de modelos que afronten as carencias e adversidades que a pandemia te xerado nas escolas e Universidades europeas. Os dous proxectos seleccionados no primeiro lugar de ambas modalidades foron:  

a)     Na modalidade KA226 (Asociaciones para la Preparación para la Educación Digital en el sector de Educación Escolar), quedou de primeiro un proxecto de deseño pedagóxico desenvolto por Climántica e liderado polo concello de Outes, que obtivo un financiamento superior aos 251.000 euros.   Co título “InnoEduCO2: Ciencia escolar e-learning One Health”, inclúe a participación das seguintes entidades e países: unha Administración Local, coordinadora xeral do proxecto: Concello de Outes; tres Universidades: Santiago de Compostela, UIasi (Rumanía), Aveiro (Portugal), dúas escolas públicas de Aveiro; o Liceo XXVI (Polonia); e o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).   O proxecto parte do encadre de Ciencia Escolar que están a liderar os docentes do IES Poeta Añón e os do IES Virxe do Mar dentro da súa materia de libre configuración Climántica, centrado no banco de marisqueo que comparten Outes e Noia e que foi presentado polo Director do proxecto Climántica, por convite do Concello de Outes na conferencia “Cambio global e as súas respostas educativas na Ría de Muros e Noia” que se pode visualizar neste vídeo:

 

O proxecto oriéntase a reforzar a capacidade das institucións de educación e formación para proporcionar unha educación dixital inclusiva e de calidade a través de modelo pedagóxico e-learning STE(A)M-TIC que permita compensar o incremento nas carencias da UE en Educación Escolar adaptando a formación telemática da era COVID-19 ás necesidades curriculares de experimentación científica. O proxecto aspira a compensar as barreiras, fendas e limitacións derivadas da crise COVID-19 impulsando un currículo escolar experiencial baseado na aprendizaxe dixital. A través do desenvolvemento e implementación de modelos e-lab e e-eco vinculados á realidade aumentada que posibilita a carga xeolocalizada de datos nos ecosistemas en campo e laboratorio en diferentes océanos europeos, preténdese reforzar a capacidade das institucións de educación escolar para proporcionar unha educación dixital inclusiva e de calidade. Toma como punto de partida o proxecto EduCO2cean da modalidade de innovación educativa tamén deseñado por Climántica, en especial das iniciativas defendidas polos docentes vinculados ás experiencias piloto na reunión de Polonia.

   

b)    Na modalidade KA227 (Asociaciones para la Creatividad en el sector de Educación Escolar) sendo o Grupo SEPA-interea dirixido polo Catedrático de Pedagoxía Social Prof. Caride, contará cun financiamento superior aos 247.000 euros e que tamén quedou como primeiro da súa modalidade. Co título “EDUCinema Clima TurAction: Creatividad colectiva y educación comunitaria en la alfabetización cinematográfica para un turismo de acción por el clima”, focalízase no cine como recurso pedagóxico-social na acción polo clima mediante a alfabetización cinematográfica de estudantes de entre 15-17 anos, que crearán unha película de cinema musical con escenarios en diferentes países e contextos de interese de turismo verde.   Serán socias tres Universidades: a de Santiago de Compostela, en función de coordinación xeral, a de Aveiro (Portugal) e a de Bolonia (Italia); e tres Institutos de Educación Secundaria: Liceo XXVI (Polonia), Instituto Español de Lisboa (Portugal) e o IES Vila de Firgas de Las Palmas de Gran Canaria.   Neste contexto, o cinema musical escolar será unha ferramenta de sensibilización para atraer e comprometer aos turistas en accións polo clima nas súas estadías turísticas en territorios que tentan afrontar os impactos do cambio climático e das pandemias. Baséase nos musicais de Climántica:

   

A alfabetización cinematográfica para un turismo verde de acción polo clima pon a énfase nunha dobre perspectiva de reflexión e acción pedagóxica-social, cun enfoque interxeracional, ambiental, escolar e social, cívico e comunitario. Este contexto amplía as potencialidades inherentes á creatividade colectiva centrada na acción polo clima (ODS13), e o protagonismo das aprendizaxes ao longo de toda a vida (ODS4) impulsando a alfabetización cinematográfica para a promoción de boas prácticas de Educación Ambiental, que, ademais de contribuír ao fomento de valores, actitudes, comportamentos, etc. ecolóxica e socialmente responsables, favorezan a atracción de persoas (visitantes, turistas, etc.) que sentan partícipes de actividades e/ou accións polo clima en destinos turísticos.  


Unha liña de actuación que, nas actuais circunstancias, e diante do impacto causado pola pandemia da COVID-19, constitúe un desafío que dá resposta a necesidades e/ou demandas vinculadas á mellora da socialización, o coidado da saúde física e emocional, a protección do emprego en distintos sectores económicos (visita a paisaxes, turismo patrimonial, ecolóxico urbano e rural, cultural, gastronomía, viaxes e operadores turísticos, etc. Os dous proxectos parten das experiencias piloto que se iniciaron en Noia coa participación do Catedrático de Ecoloxía da Universidade de Vigo, Emilio Fernández e da investigadora do seu equipo Carlota Barañano. Estas  experiencias piloto desenvolveranse en abril con prácticas de campo e laboratorio e que presentaron en Noia o 12 de xaneiro de 2021:

 


 

 
Comentarios:
 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado
  •  
  •  
Bajo el patrocinio de la UNESCO

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino