A humidade e o ciclo da auga

meteo img

1. Evaporación: a auga dos ríos, mares, lagos, da transpiración vexetal… evapórase, facendo que as masas de aire teñan unha porcentaxe de humidade.

2. Saturación: esas masas de aire móvense (se o fan, por exemplo, por riba do océano vanse cargando con máis humidade), pero tamén (dependendo de moitos factores como atopar outra masa de aire con diferente temperatura ou chocar cunha cadea montañosa e subir por ela, …) cambian de temperatura.

Se o que ocorre é que se arrefría (xa vimos que a temperatura baixa a medida que se sobe), chégase ao que se chama punto de saturación, ou punto de orballo é dicir, a masa de aire “fártase de humidade“.

3. Condensación: chegado ao punto de orballo, e habendo núcleos de condensación (sales minerais, po… ) aparecen as nubes, que non só máis que vapor e gotas de auga en condensación. Se a condensación ocorre ao nivel do chan, aparece néboa, ou orballo, e en altura chuvia ou sarabia ou neve, se se acadan temperaturas baixo cero.

 

HUMIDADE. AS PRECIPITACIÓNS


pinguino
pinguino