Os datos meteorolóxicos

Nesta materia debedes recoller datos meteorolóxicos, podendo obtelos de tres fontes diferentes.

  1. De forma directa. Se tendes caseta meteorolóxica operativa (fonte directa), é interesante que vos organicedes para recollelos todos os días de clase. Se o voso centro se apuntou a ClimánticaMeteo, contaredes tamén coa visita de técnicos de MeteoGalicia que actualizarán a estación e vos darán clases prácticas de como traballar con ela.

    meteo img
  2. A través da web www.climantica.org. A través desta web poderedes acceder aos datos medios diarios de Galicia de MeteoGalicia e de diferentes zonas xeográficas, a través dun enlace á web de MeteoGalicia en Climántica www.climantica.org coa que vos invitaremos a traballar en múltiples ocasións.

  3. Pero aínda sen caseta meteorolóxica e sen acceso a internet, esta materia pode desenvolverse só cos datos da prensa, porque en meteoroloxía as fontes indirectas (xornais, televisión e radio) son moi importantes. As dúas primeiras teñen a vantaxe de que adoitan ir acompañadas de mapas sinópticos e fotografías de satélite. Ademais, cos mapas sinópticos do tempo que aparecen nos xornais, pódense realizar especulacións sobre a posible evolución do tempo para o día seguinte e incluso, diminuíndo a precisión, para dous días máis tarde. A importancia deste tipo de información lévanos a dedicarlle a primeira parte desta materia.

 

OS DATOS METEOROLÓXICOS

  •  

pinguino
pinguino