Na actualidade conviven dous
tipos de estacións meteorolóxicas.
Por unha banda temos
as estacións tradicionais,
onde a toma dos datos é realizada
por unha persoa (o
observador meteorolóxico).
Nestas estacións os aparellos
de medida sitúanse no interior
dunha caseta (pequena
construción de madeira ben
illada do chan e ventilada,
permitindo así a libre circulación
de aire e evitar que se
quente).
Termómetro de máxima e mínima: termómetro que
mide a temperatura máxima e mínima diaria, e así
poder calcular a TM diaria. Estes termómetros colócanse
a 1,5 m do chan.
Higrómetro: aparello que mide a humidade relativa do
aire, é dicir, a porcentaxe de aproximación ao punto de
saturación (60%, 80%...). Canto máis alta sexa a humidade
relativa, menos auga admite e máis cerca está da
saturación.
Psicómetro: distinto ao higrómetro, mide a humidade
relativa do aire a partir da diferenza de temperaturas
entre un termómetro seco e outro húmido.
Barómetro: mide a presión atmosférica. Baséase no
experimento de Torricelli tal e como veremos no epígrafe
de presión e ventos, pero conseguiuse un equivalente
sen depender do mercurio e que ten un uso importante
nas vivendas. Este baséase nunha caixa metálica de
paredes flexibles na que se fixo baleiro e que leva un
resorte, para que a tapa non se afunda por completo. Se
a presión do aire aumenta a forza que exerce sobre a
tapa fai que venza a resistencia do resorte e se afunda
lixeiramente. Se a presión diminúe a forza do resorte fai
que a tapa se levante. Estas deformacións transmítense
a unha agulla que se despraza nun cuadrante.
Pluviómetro: mide a cantidade de precipitación caída.
Consta dun recipiente cun embude de entrada e mide o
equivalente á altura (en mm) de auga caída sobre un
cadrado dun metro de lado, que se corresponde cos l/m2
de precipitación e que estudaremos no epígrafe de
humidade e pluviosidade. A parte máis alta do pluviómetro
está aproximadamente a 1,5 m do chan.
Anemómetro: mide a velocidade do vento. Entre os
modelos, podemos destacar o que se ilustra e que consta
de tres superficies hemisféricas, coa concavidade
dirixida cara ao vento e os brazos que van unidos cun
eixo que leva ao final un parafuso que acciona unha serie
de engrenaxes que permiten coñecer a velocidade do
vento pola velocidade do seu xiro.
Como se constrúe? Podemos construír un climograma
nun papel milimetrado ou cuadriculado. Imos usar este
último, que é o que temos nos nosos cadernos.
Trazamos unha liña horizontal de 12 cadros,
que se corresponderán cos 12 meses do ano. En
cada un poñemos a inicial do mes correspondente.
No extremo esquerdo desta liña marcamos unha
liña vertical para as temperaturas cunha frecuencia
de 5ºC cada cadro. Debemos ter en
conta que se hai temperaturas inferiores a 0ºC,
a liña vertical continuará cara abaixo.