A qué se deben as temperaturas ?

A temperatura da terra débese á radiación solar que incide sobre a súa superficie e que se transforma en enerxía calorífica, pero a terra sería moito máis fría (temperatura media global da orde de -15ºC) sen uns gases da atmosfera, entre os que destaca o dióxido de carbono (CO2). Estes gases reteñen a calor como o fai o vidro dun invernadoiro ou as vidreiras das casas. O resultado desta transformación de luz en calor e retención deste calor por gases da atmosfera coñécese como efecto invernadoiro, e explica a temperatura actual da terra. É un feito natural, pero que nos últimos tempos o home está a acelerar, facendo que aumente a temperatura terrestre.

meteo img

Máis información en www.climantica.org (Unidade didáctica Cambia o clima? epígrafe 2 Na atmósfera está a chave e o CO2 é o responsable)

A temperatura ao igual cós outros elementos do clima, depende de varios factores, que fan que sexa maior ou menor: a altitude, a latitude, a proximidade ou distancia ao mar, as correntes mariñas e a hora do día.

meteo img
 

AS TEMPERATURAS


pinguino
pinguino