A idea de torricelli para medir a presión

meteo img

Evangelista Torricelli (1608-47) foi un discípulo de Galileo Galilei que inventou un barómetro cun mecanismo moi sinxelo: un tubo de 80 cm pechado por un extremo e cheo de mercurio mergullado nunha cubeta de mercurio coa parte aberta cara abaixo. O resultado foi (a nivel do mar) que o mercurio baixou ata os 760 mm froito do equilibrio entre a presión exercida polo aire da atmosfera e a presión da columna de mercurio do tubo. Quedou así o valor da presión atmosférica:

- mm de mercurio (760 mm)
- milibares (1.013 mb)
- kilopondios (1.033 kp)


meteo img

Xa comprobamos que o aire pesa e, polo tanto, exerce presión atmosférica (“cantidade de forza que o aire da atmosfera exerce sobre unidade de superficie“). Medimos a presión atmosférica en mm de mercurio ou en bares utilizando un barómetro.

Isto é así porque Torricelli ideou un procedemento para chegar a medir a presión da atmosfera pola subida do mercurio dunha cubeta a través dun tubo pechado por un extremo. O tubo introdúcese verticalmente na cubeta de mercurio meténdose no mercurio polo extremo aberto (o extremo pechado queda cara arriba). A presión do atmosfera fai subir o mercurio polo tubo, subindo máis canto maior sexa a presión.

A medida que se produce o ascenso baixa o nivel de mercurio quedando por debaixo do cero. Para deixar o cero a nivel do mercurio da cubeta cando se produce este descenso, este tipo de barómetros teñen mecanismos que permiten colocar o cero a nivel do mercurio, como neste sistema, onde o fondo pode subirse ou baixarse mediante un parafuso para que o cero quede ao nivel da superficie do mercurio.

Torricelli observou no seu experimento ao nivel do mar que o mercurio subía polo tubo unha altura que medía desde a superficie do mercurio da cubeta 760 mm, asignándolle ese valor á presión normal da atmosfera. Se subimos con respecto ao nivel do mar a columna de aire que temos enriba é menor, e exerce por tanto menos presión.

meteo img
 

OS VENTOS

  •  

pinguino
pinguino