No marco das actividades da VI Semana da ciencia do IES Nº1 de Ribeira que se centrou no cambio climático, o martes 29 de maio, o Director Xeral de Desenvolvemento Sostible impartiu unha conferencia titulada “O cambio climático, un reto para Galicia e un reto para a Humanidade”. A seguinte conferencia correu a cargo do Director do proxecto, quen baixo “Cambia o clima? Climántica responde”, expuxo a importancia do cambio Climático como fío conductor de todo o proxecto. Durante o coloquio correspondente á primeira intervención os alumnos interesáronse por os principais problemas ambientais de Galicia, as solucións máis urxentes, sobre se podería compensar o uso da enerxía nuclear. As preguntas relativas á segunda intervención centráronse na existencia de riscos de furacáns en Galicia, a importancia de que se adopten medidas políticas para resolver o problema e a duración no tempo do proxecto Climántica.
Por último a organización da VI semana invitou ao Director Xeral e ao Equipo Climántica a ver a exposición de actividades prácticas, recibindo unha detallada explicación daquelas que resultaron da aplicación do proxecto no centro, entre as que destacan modelos de simulación coma os dos efectos Ártico e Antártico, efecto invernadoiro, formación de furacáns, prácticas para evidenciar os efectos da choiva ácida, construcción dun pequeno coche solar e visualización dunha extensa exposición de murais relativos ao cambio climático. Todas estas actividades, ao igual que as dos demais centros que desenvolvan o proxecto, poden verse no apartado de Centros desta web.