CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Primeira conferencia transfronteiriza xuvenil no marco de Climántica

 
O proxecto Climántica e a Asociación Portuguesa de Educación Ambiental (ASPEA), conseguiron un avance moi significativo na colaboración que iniciaron no 2010, logrando neste caso que a data 10 de abril de 2015 forme parte da historia da Educación Ambiental de Galicia e de Portugal, por ser o día no que se celebrou en Monçao a primeira conferencia xuvenil transfronteiriza de Educación Ambiental. Por iso tentarán de mantela como unha data de referencia para desenvolver conferencias xuvenís transfronteirizas anuais que lle dean continuidade e amplifiquen os logros educativos acadados.



Esta primeira conferencia transfronteiriza forma parte do proceso que terá o seu evento principal no Comité das Rexións de Bruxelas coa conferencia europea “Imos a coidar do Planeta” que se celebrará entre o 19 e o 23 de maio, de acordo co programa. Con esta conferencia pecháronse as actividades previas á conferencia europea da eurorexión educativa Galicia – Norte de Portugal que se uniu a través do consorcio ASPEA – Climántica liderado pola ASPEA, tal e como se recolle no portal que esta asociación puxo en marcha para a organización deste evento. Asta actividades previas desenvolvéronse ao longo dos dous trimestres do curso 2014-2015. Durante o primeiro trimestre constituíse o consorcio e a rede de escolas transfronteirizas que foi aprobado por Monde Pluriel, organización que coordina a participación de todos os países europeos na conferencia xuvenil de Bruxelas.

No segundo trimestre puxéronse en marcha o desenvolvemento dos proxectos educativos, nos que os alumnos se centraron nas temáticas de investigación contextuais sobre a auga, a enerxía, os residuos e a agricultura ecolóxica, tendo en conta as relacións co cambio climático. Os proxectos de investigación analizaron problemas ambientais no contexto próximo ás escolas, identificaron as causas dos impactos, buscaron as súas consecuencias e propuxeron solucións, plasmando todo ese análise nun produto de comunicación escolar. Apoiándose neste produtos os alumnos defenderon os seus proxectos nas conferencias escolares, nas que se de seleccionaron os proxectos finalistas para presentar nas oito escolares. Nestas conferencias escolares seleccionáronse os proxectos finalistas para as conferencias do núcleo transfronteirizo (Valença, Monçao e Galicia) e do núcleo rexional portugués (Aveiro, Barreiro, Nelas, Tondela e Mengualdo).

A conferencia transfronteiriza celebrouse na localidade portuguesa de Monçao o 10 de abril de 2010, un núcleo no que se seleccionaron un delegado de Portugal e os dous de Galicia que formarán parte da delegación de seis representantes que a eurorexión enviará a Bruxelas. Nela participaron 150 alumnos, 50 de Galicia, 50 de Valença e 50 de Monçao e defendéronse os 10 proxectos finalistas seleccionados para presentar neste núcleo: 2 de Monçao, 3 de de Valença e 5 de Galicia. Esta conferencia transfronteiriza representou un fito histórico porque supuxo a primeira vez que estudantes de Galicia e de Portugal se unen para traballar conxuntamente en facer fronte ao deterioro do medio ambiente a ambos dous lados da fronteira.

A conferencia activouse con un simposio docente relativo a Enerxía e Cambio climático con participación de relatores dos dous países. Por Portugal participou no Panel I, titulado “O que é a Eficiência Energética? Energias Renováveis pelo Mundo” que defendeu o profesor Ricardo Azevedo. Este docente fixo referencia ao proxecto que dirixe e que está apoiando o concello de Monçao. Na súa intervención o profesor Azevedo destacou a importancia dos aspectos relativos ao aforro e eficiencia enerxética e a relevancia deste temas na Educación. Galicia participou co Panel II, titulado “Cambia o clima?” que defendeu o profesor Francisco Sóñora, director do proxecto Climántica. Nesta intervención fixo mención á preocupación que temos na actualidade pola intensidade do quentamento global. Situou este cambio no contexto dos cambios do clima coñecidos na historia da Terra. Explicou tamén os impactos do quentamento global e as posibles solucións dende a mitigación, adaptación, investigación e educación, fundamentando o papel do proxecto Climántica neste ámbito.

Na primeira quenda de presentación de proxectos escolares interviñeron os alumnos de Monçao, defendendo os dous proxectos seleccionados desta cidade “Estudo energético da escola” e “Casa eficiente”. Alexandre Fernandes, coordinador do primeiro proxecto, desenvolto a modo de auditoría escolar, foi o alumno portugués do núcleo deste conferencia seleccionado para formar parte de delegación que se desprazará a Bruxelas.



A segúnda quenda correspondeulle aos alumnos de Galicia. En Monçao presentaron os proxectos finalistas na conferencia escolar Paula Insua de 3º de ESO co tema “A contaminación da auga”, Pablo Romeu de 4º de ESO, “ O mellor marisco do mundo”, Pablo Roo de 3º de ESO “A contaminación da ría de Noia”, Laura Maquieira de 2º de ESO “Unha ría botada a perder” e María Arufe de 3º de ESO “A contaminación dos ríos”. Foron seleccionados para desprazarse a Bruxelas formando parte da delegación de seis alumnos da eurorexión Paula Insua e Pablo Romeu. Os outros tres delegados saíron da Conferencia rexional celebrada en Viseu e na que participaron as localidades de Aveiro, Barreiro, Nelas, Tondela e Mangualde

A última quenda de presentación de proxectos correo a cargo da Escola Secundaria de Valença que presentou os tres proxectos finalistas da súa conferencia escolar titulados “A Reciclagem no concelho de Valença”, “As lixeiras ilegais” e “O uso de pesticidas nas atividades agrícolas”.

Despois de rematar a presentación dos dez proxectos finalistas, procedeuse a unha comida campestre no parque das Caldas. Esa comida foi un momento de convivencia a apertura de lazos escolares. Para facilitar estes lazos, cada alumno levou comida para compartir con alumnos doutras escolas. Unha vez remata a comida no Parque das Caldas, os profesores da Escola profesional EPRAMI de Monçao conduciron aos alumnos camiñando ata a Escola para ensinarlle aos alumnos de Galicia e de Valença o casco histórico da cidade.

Unha intensa tarde de traballo na carta de compromisos no camiño a Bruxelas

De regreso a EPRAMI, cada escola dividiu aos seus 50 delegados en catro grupos A, B, C e D. Os grupos da mesma letra das tres escolas xuntáronse nunha aula, e traballaron conxuntamente en catro aulas buscando compromisos asumidos polas tres escolas.

Unha vez rematado os traballos nas aulas triescolares A, B, C e D, os alumnos desprazáronse de novo ao auditorio José Emilio Moreira, onde se desenvolveran as actividades da mañá. Alí puxeron en común as propostas de compromisos compartidos, elaborados nas catro aulas, para traballar conxuntamente as tres escolas nos próximo curso. Entre eses compromisos destacaron a participación conxunta na limpeza dos ríos Miño e Tambre, nunha reforestación das súas cuncas, campañas escolares para promover o aforro e a eficiencia enerxética, a recollida selectiva de residuos e agricultura ecolóxica. Nesas campañas os alumnos de cada centro asumiron o compromiso de sumar a outros centros da cidade e da bisbarra, para aumentar así o impacto das campañas.

A delegación de seis alumnos (4 portugueses e 2 galegos) traballarán conxuntamente en Bruxelas con alumnos de 17 países europeos. Entre os produtos do traballo colectivo no Comité das Rexións destaca a redacción dunha carta que recolla as responsabilidades compartidas por todos os países implicados, e que será presentada ás autoridades da Unión Europea, como se fixo coa carta elaborada en Brasilia no ano 2010 que presentou en Bruxelas unha alumna galega da delegación de Climántica.

A Conferencia na TV Alto Minho



Declaracións éticas de Eduardo Galeano sobre as inxustizas Norte-Sur

 


Retomamos as ideas que nos deixou neste vídeo Eduardo Galeano como homenaxe a un pensador preocupado polas diferenzas Norte – Sur, un dos temas relevantes na Educación Ambiental e no reto do cambio climático. Esta é unha data para lembrar as súas declaracións éticas de carácter ambiental, como a que nos deixou neste vídeo, na que expresou que non temos dereito a exterminar un planeta do que nós somos un de tantos inquilinos.

Convocatoria dun seminario docente recoñecido con 50 h polo Ministerio de Educación e de dúas inicia...

 


Climántica, a través da súa nova derivada, Climántica Intercambios, formou un consorcio co Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM), co Centro de Investigaciones Energéticas, Medio Ambientaless y Tecnológicas (CIEMAT), e coa Asociación Española Para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra (AEPECT). Tamén conseguiu o apoio do Concello de Noia. Con estes socios e apoios procede a convocar tres iniciativas, unha docente e dous discentes. A discente presencial e a docente desenvolveranse, entre o 3 e o 7 de setembro, no Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM) de Valsaín (Segovia). As 3 iniciativas convocadas son:

  1. Congreso xuvenil internacional virtual que se pon en marcha con esta publicación ata o 30 de maio, e se desenvolve de forma online na plataforma http://congresovirtual.climantica.org

  2. Campus xuvenil internacional CLMNTK15 para alumnos seleccionados pola súa participación no congreso xuvenil virtual. Estes campus internacionais iniciáronse con CLMNTK12 en Sada e que tiveron continuidade en Ribadeo no 2013 e en Vigo no 2014.

  3. Seminario docente de formación do profesorado sobre os contidos e as metodoloxías que se aplican no campus recoñecido con 50 horas por parte do Ministerio de Educación tramitado pola AEPECT. O seminario docente e o campus celebraranse de forma simultánea, sinérxica e complementaria no CENEAM entre o 3 e o 7 de setembro, de acordo coas bases de ambas as dúas iniciativas:


Canarias en Galicia: peche da experiencia piloto de Climántica Intercambios

 


Os 27 alumnos canarios implicados na primeira experiencia piloto de Climántica Intercambios aterraron en Galicia o venres 20 de marzo e gozaron de diversas visitas culturais polo Barbanza na compañía das familias de acollida. As actividades empezaron o luns 23 de marzo, na Casa das Ciencias de A Coruña, comparando no Planetario as diferenzas latitudinais entre as dúas comunidades autónomas, a través da análise dos ceos nesa noite en Canarias en Galicia. Tamén compararon as dúas comunidades experimentando co Péndulo de Foucoult, partindo do dato de que no polo norte da a volta cada 24h, na Coruña tarda 38h e en Tenerife mucho máis xa que está máis ao sur. Logo abordáronse aspectos como a simulación da tormenta perfecta e tamén as países eólicas como introdución das actividades en Sotavento do día seguinte.



Xa no museo Domus fixeron experimentos interactivos dedicados ao ser humano.  Descubrieron como la ciencia del ADN está cambiando a medicina na área dedicada a la Farmacoxenómica.  Exploraron la anatomía e o funcionamiento do cerebro; todo elo buscando fundamentacións para entender ben a conferencia de Ángel Carracedo do mércores 25 de marzo. Completaron estás análises con diferentes aspectos anatómicos, fisiolóxicos e nutritivos relacionados coa adaptación ao clima.

No acuario Finisterrae analizaron as adaptacións das especies ao Atlántico nas nosas solicitudes, importante para reflexionar sobre a chegada a Galicia de especies subtropicais que son propios de augas como as de Canarias. Tamén se abordou a importancia da nutrición na adaptación das especies ao clima, vendo a dieta das focas.

No itinerario urbano analizouse á ocupación do territorio e o urbanismo en relación co clima da cidade, e fíxose especial fincapé no deseño das galerías para aproveitar o seu efecto invernadoiro a favor da adaptación climática das vivendas.

O martes 24 as actividades dedicadas ao papel do ámbito enerxético na adaptación e na mitigación do cambio climático, coordinadas polo IES Espiñeira, desenvolvéronse no centro de divulgación de Sotavento e na central térmica de Pontes García - Rodríguez.


    
En primeiro lugar visitouse o Parque Eólico Experimental de SOTAVENTO. Alí as actividades iniciáronse con unha introdución sobre os obxectivos desta instalación e cal é a importancia actual das enerxías renovables e cal podería ser no futuro.
    
A continuación dividiuse ao grupo en dous equipos. Un deles visitou o interior dun aeroxerador. Logo explicóusenos o seu funcionamento, así como o mecanismo mediante o cal permanece activo ou non, en función de que exista vento nese momento pero tamén da intensidade do mesmo. O guía fixo logo un pequeno percorrido pola historia do aproveitamento da enerxía eólica, axudándose de maquetas e centrando a súa explicación nos muíños de eixe vertical babilónicos, nos da Mancha, capaces de xirar buscando a dirección do vento e os de Catoira, que presentan aspas cara aos dous ventos predominantes SO e NE.
    

    
Tamén se tivo ocasión de ver en funcionamento un coche eléctrico e de analizar o seu potencial no ámbito da mitigación e adaptación ao cambio climático. Mentres tanto o segundo grupo visitaba a vivenda bioclimática, comprobando a importancia da orientación dunha edificación nun clima como o galego, e comparouse a como debería ser en Canarias. En Galicia a parte da vivenda que mira ao sur debe estar dotada de ventanais, que reteñan a calor mediante o efecto invernadoiro causado polo vidro de que están feitas, para logo distribuílo polas demais habitacións. Fíxose esta comparación co obxectivo de analizar á adaptación e o cambio climático dende o urbanismo e a arquitectura bioclimática. Foron moitos os exemplos que conduciron a unha conclusión clara: debemos construír tendo en conta todos estes criterios de aforro enerxético, moitos dos cales xa empregaban os nosos antepasados fai centos ou miles de anos, tal e como ocorreu no caso das galería de A Coruña.
    

    
Pola tarde, visitouse a central térmica de As Pontes, onde se emprega como fonte de enerxía o carbón bituminoso que se importa dende Indonesia (no pasado o lignito autóctono dunha mina hoxe esgotada). Foi José Luis Bermúdez a persoa que acompañou ao grupo que explicou o funcionamento da central e os seus avances na redución da contaminación xerada, especialmente falou dos óxidos de xofre e nitróxeno. Indicou que é imposible non producir dióxido de carbono nunha combustión, pero que o seu obxectivo é rendir a maior cantidade posible de enerxía por tonelada de CO2 emitida.

Como o contraste co estudado pola mañá é evidente, o debate prendeu rapidamente sobre as vantaxes desta fonte de enerxía fronte a outras, especialmente as renovables.
    
Rematou a xornada con unha visita moi breve ao lago artificial que a empresa ENDESA creou como solución ao deterioro ambiental causado pola explotación mineira: o lago é a mina que na actualidade está asolagada pola auga. Esta visualización aproximou de xeito intuitivo aos alumnos de Canarias á extracción dunha fonte de enerxía fósil relacionada co cambio climático, da que eles non dispoñen nas illas.



O mércores 25 de marzo foi a xornada ecuador das actividades do intercambio e nela participaron, ademais dos 27 alumnos de Canarias, os compañeiros de acollida en Galicia dos tres institutos galegos. Estas actividades centráronse na cidade de Santiago. Nela desenvolvéronse itinerarios urbanos, e visitas didácticas. Visitaron o museo de Historia Natural da Universidade de Santiago (USC), Luis Iglesias. Tamén visitaron MeteoGalicia, onde se fixo unha comparación da meteoroloxía e clima de Galicia e de Canarias.



A xornada rematou coa conferencia que impartiu no Coliseo Noela do doutor Ángel Carracedo, catedrático de Medicina Legal da USC, director da Fundación Pública Galega de Medina Xenómica e do Centro Nacional de Genotipado. Esta actividade estivo organizada e promovida polo Concello de Noia, dentro da súa participación no intercambio a través de Noia Saudable. Nesta charla os alumnos reflexionaron e fixeron que o coloquio durara máis que a conferencia. Nese coloquio fixeron preguntas moi variadas, pero destacaron sobre todo as relativas á relación da xenómica e do ambiente coa saúde.



O xoves 26 de marzo as actividades, organizadas polo IES Virxe do Mar, desenvolveranse na cidade portuguesa de Aveiro, dentro do consorcio que mantén o centro Fábrica de Ciencia Viva, co Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía e da Universidade de Aveiro co proxecto Climántica. Alí tivo lugar o Show de Química “Química por Tabela 2.0", que foi unha das actividades máis destacada na avaliación. A esta actividade asitiron todos os alumnos, 27 de Canarias e 60 do IES Virxe do Mar e 5 do IES Espiñeira. A continuación o grupo desdobrouse en catro equipos do traballo. Cada un deles implicouse nun dos catro obradoiros: A Cozinha é um Laboratório – Saber em Gel, Laboratório Didático – Faz o teu creme de mãos , Sítio dos Robôs e Exposição Mãos na massa.



Pola tarde fixéronse dúas actividades relacionadas coa adaptación da cidade ao clima e a historia da súa ocupación do territorio. Estas actividades desenvolveranse nas salinas e nunha ruta en barcos moliceiros, dende os que se abordarán tamén aspectos sobre a biodiversidad na ría e os impactos do cambio climático sobre esa biodiversidade.



O venres 27 celebrarase o acto académico de despedida no que participan todos os centros implicados. Este acto empezaou coa benvida institucional dos alcaldes de Noia e Boiro. A continuación tivo lugar unha conferencia do catedrático de Economía Aplicada da Universidade de A Coruña e ex – presidente da Xunta de Galicia, o doutor Fernando González- Laxe. O obxectivo desta conferencia foi aportar aos alumnos de Canarias unha visión ampla e rigorosa de Galicia, e aumentar o coñecemento do comunidade autónoma dos estudantes galegos. O profesor González – Laxe situou a Galicia dende unha visión comparativa de Galicia e Canarias, atopando tres denominares comúns: illamento, dimensión oceánica e fenómeno migratorio. Dende unha análise ampla destacou que Galicia ten que apostar pola Educación, o Medio Ambiente e a Tecnoloxía. Despois da conferencia abriuse media hora de coloquio que foi superada pola diversidade de preguntas que formularon os alumnos, entre as que destacaron as relativas ao ámbito enerxético, tanto en Galicia como en Canarias.

Despois do chocolate con churros, retomouse o acto coa conferencia xuvenil “A auga no Planeta, en Galicia e en Canarias”, impartida pola alumna de 3º de ESO A do IES Virxe do Mar, Paula Insua, seleccionada como unha dos seis delegados da eurorexión educativa Galicia-Norte de Portugal que participará na conferencia xuvenil europea Imos a coidar do Planeta, que se celebrará en Bruxelas en maio de 2015 e no que intervirán delegados de todos os países e de algunhas eurorexións da Unión Europea.

A continuación desenvolveuse un simposio Medio Ambiente de Canarias, no que se presentarán aspectos relativos ao vulcanismo, á historia das fontes de enerxía en Canarias e da importancia das enerxía renovables en Canarias.



Por último pechouse o acto académico de clausura mediante un festival musical. Nel interpretaron unha canción os alumnos do IES Poeta Añón de Outes e dúas cancións os alumnos do IES Espiñera. O IES Virxe do Mar e o Colegio Decroly de Canarias participaron cos seus coros. Tamén houbo interpretacións musicais do Conservatorio de Noia, que deixou unha dobre interpretación: dende un trío de cámara e dun dúo de música pop formados por alumnos do IES Virxe do Mar e por profesores do Conservatorio.



Todo o acto estivo conducido polas cancións canarias e galegas que sairán do acordeón de Mariña Docampo de 4º de ESO do IES Virxe do Mar e polas interpretacións teatrais de Mar Romaní e de Adrán Lope, alumnos de 1º de Bacharelato do IES Virxe do Mar, dirixidos polo profesor de Latín e Grego e director do grupo de teatro do IES Virxe do Mar, Carlos Maquieira.




Destino a Bruxelas con escala en Monçao

 

O martes 3 de marzo de 2015 tivo lugar na aula Álvaro de las Casas do IES Virxe do Mar a segunda fase da Conferencia Escolar “Imos a Coidar do Planeta”, que se organizou no marco do proxecto Climántica, baixo a coordinación para eurorexión educativa Norte de Portugal – Galicia da Asociación Portuguesa de Educación Ambiental (ASPEA).

Nesta segunda fase volveron a presentarse os proxectos que resultaron finalistas na primeira fase, celebrada o venres 20 de febreiro, ampliándoos e mellorándoos no tempo transcorrido entre as dúas fases, de acordo coas recomendacións que se lle dou aos finalistas dende a comisión avaliadora.

Ao remate da xornada do martes 3 de marzo seleccionáronse os cinco proxectos que se presentarán na conferencia rexional Monçao. Estes cinco traballos seleccionados para presentar en Monçao quedaron ordenados así pola puntuación outorgada no proceso de selección:

  • Primeiro clasificado:  A contaminación da auga, liderado e presentado por Paula Insua Pazos que recibiu 171 puntos
  • Segundo clasificado: O mellor marisco do mundo que liderado e presentado por Pablo Romeu, que recibiu 152 puntos, empatando co que quedou en terceiro, e que se situou en segundo lugar despois dunha votación de desempate na que participaron os alumnos presentes que non interviñeron no desenvolvemento do proxecto. Nesta segunda volta de valoración, obtivo un 87,5% das votacións dos estudantes implicados
  • Terceiro clasificado: Contaminación da ría de Noia, liderado e presentado por  Pablo Roo Blanco que obtivo 152 puntos
  • Cuarto clasificado: Unha ría botada a perder liderado e presentado por Laura Maquieira, que obtivo 146 puntos
  • Quinto clasificado: A contaminación dos ríos liderado e presentado por María Arufe, que obtivo 141 puntos



A eurorrexión Norte de Portugal - Galicia leva a Climántica á conferencia europea de Bruxelas "Imos ...

 


O proxecto Climántica e a Asociación Portuguesa de Educación Ambiental (ASPEA) seleccionarán conxuntamente aos seis alumnos da delegación transfronteiriza Norte de Portugal e Galicia que asistirán á conferencia europea que se celebrará no Comité das Rexións de Bruxelas.

Esta delegación representará á eurorrexión educativa referente para o proxecto Climántica. No seu proceso de selección, elixiranse a dous alumnos de Galicia e a catro de Portugal. Durante o proceso previo á celebración do evento de Bruselas, na eurorrexión desenvolveranse dous tipos de conferencias. O primeiro tipo de menor ámbito xeográfico. O segundo tipo, de maior dimensión, suma aos finalistas de varios ámbitos xeográficos implicados.

O proxecto Climántica desenvolveu o 20 de febreiro de 2015 a conferencia de Galicia. Nesta conferencia inicial, celebrada no IES Virxe do Mar de Noia, presentaron e defenderon os seus proxectos os aspirantes a ocupar as dúas prazas de Galicia na Conferencia xuvenil que se celebrará no Comité das Rexións de Bruxelas entre o 19 e 23 de maio. Na conferencia galega seleccionáronse aos finalistas galegos que participarán na conferencia de segunda fase, que se celebrará en Monçao o 10 de abril, onde os finalistas asistentes de Galicia e Portugal, e os docentes de ambos os dous países, elixirán aos dous estudantes galegos, que se sumarán aos catro portugueses seleccionados para formar a delegación de seis membros da eurorrexión.

A delegación metade Norte de Portugal - Galicia foi proposta pola Asociación Portuguesa de Educación Ambiental (ASPEA) a Monde Pluriel, a organización promotora da conferencia de Bruxelas. A razón de ser deste consorcio ASPEA - Climántica ten que ver coa colaboración que levan desenvolvendo as dúas organizacións docentes dende o ano 2009, e que deu a coñecer de xeito eficaz a Climántica no sistema educativo de Portugal. Este proxecto xa estivo representado na primeira conferencia internacional celebrada en Brasilia no ano 2010. Por aquel entón o proxecto galego foi invitado a participar pola súa relevancia no ámbito no ámbito das respostas educativas ao cambio climático, achegando 3 delegados dos 350 representantes de 47 países que se xuntaron en Brasilia na I Conferencia Internacional "Imos coidar do planeta", sendo seleccionada pola delegación europea unha alumna da delegación galega para presentar as conclusións a Van Rompuy.


Climántica colabora coa ASPEA en tres iniciativas internacionais

 


Climántica colabora coa ASPEA en tres iniciativas orientadas a establecer lazos entre as súas comunidades educativas que actúen de catalizadores de intercambios educativos entre as redes educativas nacionais e internacionais coas que se vinculan e relacionan.

A primeira iniciativa xa está en marcha, e consiste na formación dunha delegación conxunta para participar na conferencia dos alumnos da Unión Europea Let´s take care of the planet. Esta delegación estará formada por 6 delegados (4 de Portugal e 2 de Galicia) para asistir á conferencia de Bruxelas nas que estarían presentes delegados de máis de 15 países europeos.

Na segunda iniciativa Climántica recibiu o encargo de formar delegacións de alumnos mexicanos e españois para participar na XXI CEI Conference “Connecting minds, creating the future for the oceans” que se celebrara na localidade de Oeiras do 28 de xuño ao 4 de xullo.

Por último o proxecto Climántica foi invitado pola ASPEA a sumarse ao III Congreso Internacional de Educación Ambiental dos Países e Comunidades de Linguas Lusófonas que se celebrará na localidade portuguesa de Torreira – Murtosa do 8 ao 11 de xullo, e que ten aberto o proceso de inscrición.


O futuro do ser humano no Cosmos fronte ao cambio climático segundo Hawkins

 
Coincidindo co estreo da película “A teoría do todo” sobre a vida e obra de Hawkins convídase aos usuarios de Climántica a visualizar ás respostas que este prestixioso científico nos deu en Santiago diante da pregunta:
  • Cal pode ser o futuro do ser humano no Cosmos diante do reto do cambio climático?

Publicado en Climántica TV o vídeo das actividades en Canarias do intercambio Galicia-Canarias

 
Xa está publicado en Climántica TV o vídeo co resumo das actividades en Canarias da primeira experiencia piloto de Climántica Intercambios que se resume neste artigo publicado pola Revista Escuela publicado no seu número 4.043 do 11 de decembro de 2014.

Últimas actividades do intercambio en Canarias: riscos naturais e antrópoxénicos

 


As actividades do intercambio en Canarias tiveron que modificarse debido á alerta vermella de que se estableceu o venres 28 de novembro ás 15 horas e que se mantivo durante o sábado 29. Para adaptar o plan de actividades a esa adversidade, eliminouse a práctica de agricultura ecolóxica para a adaptación ao cambio climático prevista para o venres pola mañá e pasáronse para esta marxe horaria as actividades no interior do Instituto Vulcanolóxico, que se centraron nos riscos volcánicos. O acto académico e a festa fin de intercambio previstos para o sábado 29 de novembro quedaron suspendidos, e os traballos elaborados pasarán a incorporarse ao simposio discente que se celebrará en Noia o venres 27 de marzo de 2015.

As actividades dos dous últimos días fase canaria do intercambio, xoves 27 e venres 28 de marzo, centráronse nos riscos naturais e antropoxénicos na illa, con especial referencia ao cambio climático. O xoves 27 visitáronse as plataformas petrolíferas que están no porto de Santa Cruz. Aproveitouse esta observación para valorar os riscos derivados da extracción de petróleo no océano e o seu transporte, visualizando tamén a refinería e os tanques de almacenamento de hidrocarburos no Porto. Neste contexto abordouse o debate que se está a vivir nas illas sobre o uso dos carburantes fósiles. Analizouse a contradición entre unha tendencia a reducir o uso de combustibles fósiles que superan o 90% para atender a estratexia europea de 20, 20, 20 coas perforacións que se puxeron en marcha uns días antes para encontrar petróleo nas augas de Canarias.

En canto aos riscos derivados ao cambio climático analizáronse os problemas derivados da construción nos barrancos propios do relevo volcánico das illas. Fíxose dende a observación da xeomorfoloxía, das características do substrato volcánico, e da ocupación do territorio. Aproveitáronse as horas da previas ao inicio da alerta vermella que se iniciou o venres 28 ás 15 horas, para analizar estes riscos sobre o inicio dun fenómeno extremo real coa borrasca de ventos de máis de 130 km/h que se chegaron a producir o venres pola tarde.

Como resultado da suspensión das clases, foi necesario refacer o plan de actividades do venres 28, suprimindo as actividades de agricultura para a adaptación ao cambio climático para desenvolver as actividades no Instituto Vulcanóloxico pola mañá, antes do inicio das alertas vermellos. Alí abordouse o riso e perigo volcánico.

Como esta situación se prolongou á sábado 29, foi necesario tamén suspender o acto académico e a festa de fin da fase do intercambio de Canarias, quedando a presentación de resultados pendente para a fase de Galicia. Aproveitouse esta circunstancia para reforzar os conceptos de perigo e risco, situando nesa rexión unha tendencia ao aumento destes fenómenos extremos.
 
O sábado 29 os alumnos permaneceron nos domicilios familiares para respectar a alerta vermella. O domingo 30 as familias aproveitaron a melloría do tempo para facer pola mañá excursións pola Illa e xa pola tarde o grupo despediuse no aeroporto.


Terceiro día de Climántica Intercambios: enerxía no ITER e sostibilidade dos océanos en Adeje

 


O terceiro día do intercambio Galicia – Canarias, mércores 26 de novembro, estivo dedicado a actividades de análise, reflexión e debate sobre a mitigación do cambio climático no ITER, e tamén a analizar a sostibilidade dos océanos co proxecto Oceános Sostibles do Concello de Adeje.

As actividades no ITER iniciáronse coa análise de proxecto Illa Sostible que ten como finalidade obter o 100% da electricidade coa enerxía renovable. A viabilidade do proxecto sopórtase no feito de na illa vivan solo 11.000 habitantes.

Expúxose que de non chegar a poñerse en marcha este proxecto, no ano 2025 a demanda de combustibles fósiles na illa aumentaría en máis do 50%, e que a demanda xeral de enerxía sería máis do 30%. Para facer fronte a estas necesidades, no marco da mitigación do cambio climático, dentro de un ano estarán en marcha 5 aeroxeneradores e un centro hidroeléctrico que utilizará a auga bombeada polos aeroxenarodores para deixala caer en turbinas. A este sistema mixto de enerxía eólica e hidráulica van a sumarlle sistemas de enerxía solar e da utilización do hidróxeno como vector.

Nesa liña de argumentación concluíse que na actualidade para obter a mesma potencia as enerxías renovables teñen un custo superior que os combustibles fósiles. Pero tamén que a favor do proxecto, está o feito de que co paso de tempo os combustibles fósiles tenden a subir de prezo e as enerxía renovables a baixalo ata chegar a igualarse, coas vantaxes derivadas da mitigación do cambio climático.

Outra vantaxe neste reto é que en El Hierro hai pouco turismo, polo que non hai demasiados desfases entre a poboación residente e a poboación total. Pola contra, abordar un reto desta natureza en Tenerife é moito máis complexo, pois é unha illa na que residen un millón de persoas e que chega a recibir catro millóns de visitantes ao ano.

Propúxose tamén un coloquio para buscar outros factores que inflúen na concreción do proxecto, ademais da poboación residente e visitante. Nese coloquio os alumnos apuntaron o relevo, o clima, intereses políticos, económicos, conflitos empresariais con outros sectores como poden ser os das enerxías fósiles, impactos como os acústicos e visuais, porcentaxe de terreos protexidos que en Canarias representan máis do 40%, con catro parques nacionais.

Reflexionouse sobre o feito de que a realidade actual das illas é totalmente diferente á que se propón no proxecto Illa Renovable de El Hierro, pois a enerxía de Canarias procede nun 90% das enerxías fósiles e dun 10% das renovables, unha tendencia totalmente contraria aos principios de mitigación do cambio climático.

Comentouse que para aumentar a dimensión de mitigación do cambio climático naceu en 1990 o Instituto Tecnolóxico e das Enerxías Renovables (ITER), que na actualidade contempla SOLTEN un parque fotovoltaico con máis de 20 Ha (20 campos de fútbol). Tamén hai 26 aeroxeneradores que ao ser antigos, son menos eficientes no seu conxunto que os 5 que se van a instalar en El Hierro. A enerxía renovable obtida no parque equivale a 80 GW/h que abastece a 80.000 persoas, impedindo a emisión á atmosfera de 40.000 Tm de CO2.

A partires deste dato abordouse un debate sobre a contradición desta aposta polas renovables das prospeccións petrolíferas que se iniciaron a semana pasada. Concluíse que estas estaban entrando en contradición coa estratexia 20, 20, 20 da Unión Europea, por canto a que se dificulta reducir un 20% do uso dos combustibles fósiles.

Aínda que os alumnos apostaron polo uso das renovables, mencionaron a importancia de diminuír o impacto deste tipo de instalacións, en especial no referido á enerxía eólica. Entre as alternativas que apareceron, destacou a incorporación de tecnoloxías destinadas á emisión de ultra - sons.

Entre as análises feitas durante o paseo tecnolóxico destacaron as relativas á importancia da enerxía solar térmica para a mitigación do cambio climático. Aquí analizouse o funcionamento dun forno solar, observándose a súa capacidade de converxencia dos raios solares para prender lume nun papel. A partires desta observación, destacouse que un equipo que custa do orde de 80 euros sexa moi útil en comunidades con dificultade para acceder á enerxía.

Tamén se analizou o funcionamento dun desalinizador solar, mostrando o sistema para evaporar da auga do mar sobre cristais que están colocados de tal xeito que fan converxer a auga doce nun sistema de colectores.Sobre este equipo, concluíse a súa importancia para a mitigación do cambio climático en rexións climáticas que require de desalinización da auga do mar.

Unha tarde en Adeje co proxecto Oceános sostibles


Pola tarde o director técnico da asociación Oceános sostibles presentou o proxecto de recuperación do ecosistema dos fondos costeiros de Adeje, no marco da potenciación do turismo verde. Previamente a Concelleira de Medio Ambiento dou a benvida e marcou as liñas estratéxicas nas que o Concello está a encadrar este proxecto.

Na presentación fíxose mención ao o inicio do proxecto no 2004 eliminando a superpoboación de ourizos que impedían o desenvolvemento de vexetación nos fondos mariños. Explicou como esa superpoboación tiña a orixe na eliminación por sobre - pesca de predadores do ourizo, entre os que destacou a eliminación dos tamborís. O director técnico describiu a través de imaxes secunciadas dos cambios no fondo como foi evolucionando a sucesión nestes últimos 10 anos para chegar ao ecosistema diverso actual.


Segundo día de Climántica Intercambios no parque rural de Anaga e na Cidade de La Laguna

 


O segundo día do intercambio Galicia – Canarias, martes 25 de novembro, estivo dedicado a actividades no Parque Rural de Anaga, un ecosistema de laurisilva protexido e recoñecido como un lugar quente por ter a maior biodiversidade de Europa.

Neste ecosistema fíxose unha análise comparativa coas fragas de Galicia, en canto a que as dúas comunidades climax que evolucionaron ao longo de moito tempo, esta en concreto dende o terciario, para sensibilizar con este dato sobre a importancia da súa conservación. Pero nesta comparativa destacouse tamén a diferenza de que nas fragas moitos dos árbores perden ás follas no outono, e neste tipo de ecosistema subtropical as árbores son de folla perenne.

Reflexionouse sobre as condicións microclimáticas vinculadas ao proceso de selección das especies que habitan este tipo de ecosistemas, en especial no seu papel de xerar choiva horizontal dos ventos oceánicos cargados de humidade vinculados aos ventos alisios vinculados ao anticiclón das Azores. Esta choiva orixínase porque  nesta parte da illa os ventos alisios cargados de humidade atópanse coas follas que xeran fenómenos de capilaridade, que acaban sendo determinantes para a precipitación do vapor de auga con conteñen este tipo de ventos.

Nese sentido, e incidindo de novo na necesidade de conservación, valorouse o feito de que sen este tipo de bosque na illa non habería auga para habitala. Sobre este feito reflexionouse en base ao dato de con estes árbores a zona capta catro veces máis auga da que se recollería sen este tipo de vexetación.

Entre os impactos a destacar de cambio climático neste ecosistema tan característico, destacouse o adianto de floración en determinadas plantas que florecen na primavera. Un dos exemplos que se subliñou foi o da planta leñosa flor de maio (Pericallis hadrosoma), unha planta que adiantou a floración dende maio a marzo.

Un itinerario pola cidade Patrimonio da Humanidade

Polo tarde o Concello de La Laguna organizou un itinerario urbano para estudar o urbanismo con unha ocupación do territorio moi regular posto en marcha no século XVI, seguindo o modelo ortogonal europeo, e que foi referente para o desenvolvemento dos modelos urbanísticos das cidades coloniais de América. Destacouse a conservación ao longo da historia deste desenvolvemento urbanístico colonial, que foi o único que chegou á actualidade, porque ao quedar no interior, protexeuna das desfeitas propias das invasión piratas.

Dende o punto de vista da evolución ambiental da cidade, subliñouse como un momento clave da evolución da historia recente a eliminación da lagoa ao redor da cal se desenvolveu a cidade. Esta intervención tivo as súas principais xustificacións na abundancia de mosquitos e na contaminación das súa augas como procesos dos vertidos.

Relacionouse este recheo coa entrada de auga nas vivendas construídas na zona de recheo da lagoa cos temporais como os que afectaron ás illas na semana anterior ao inicio das actividades, un aspecto a ter presente nos plans de mitigación do cambio climático, debido ao aumento de fenómenos estremos, nos que a zona é vulnerable a inundacións.


Primeiro día de Climántica Intercambios no Teide

 


A finalidade deste tipo de intercambios consiste en que estudantes de dúas rexións climáticas moi diferentes analicen conxuntamente en cada unha delas as características dos dominios climáticos, as adaptacións das especies e da sociedade a esas condicións climáticas, as evidencias de cambio climático, os seus impactos e as diferentes estratexias de adaptación e mitigación. Faise dende a seguridade que se ten no proxecto Climántica de que estes estudos comparativos estimulan valiosas respostas educativas fronte ao cambio climático e facilitan chegar ao modelo global que require o reto dende a comparación dos estudos locais propios dos microclimas e dominios climáticos concretos.

No Parque Nacional estudouse as adaptacións da flora ás condicións microclimáticas do terreo volcánico a 2.000 metros de altitude da superficie que se mostrou. Os expertos do Parque Nacional caracterizaron a zona de mostraxe destacando entre outros datos que as condicións dese ecosistema de alta montaña se caracterizan por ter 320 días ao ano sen precipitacións, unha humidade relativa do 30%, diferenza de temperatura entre o día e a noite de máis de 25ºC, precipitacións anuais equivalente á auga consumida por unha persoa en tres días de ducha, e fortes ventos, con frecuencia tempestuosos de máis de 160 Km/h.

Para explicar estas características microclimática entaboouse un coloquio sobre o réxime de ventos nese lugar. No desenvolvemento da argumentación analizouse a circulación dos ventos alisios e a súa coincidencia cos que atravesan o deserto do Sahara. Concluíuse que no caso de Canarias os alisios non provocan a desertización que xeran no Sahara por dous motivos. O primeiro é o choque dos ventos coa barreira montañosa no Val da Orotava, interpretando así a orixe da capa de nubes que visualizaron na suba. A segunda explicación que se encontrou ten que ver coa coincidencia nese lugar dos contra - alisios que sopran en dirección contraria e que frean e arrefrían os ventos alisios.

Con este modelo microclimático, analizáronse as adaptacións das especies a esas condicións tan singulares que determinan a presenza de endemismos con adaptacións moi marcadas entre as que se destacaron as longas raíces, follas dobradas e pegadas, tamaño reducido, que lle permiten unha eficaz economía hídrica.

A continuación o grupo de intercambio das dúas rexións climáticas procederon a visitar as instalacións do Observatorio Astrofísico do Teide. Alí estudaron o funcionamento das lentes analizando un telescopio. O contido da visita centrouse sobre todo no papel deste tipo de instalacións científicas para analizar a contaminación lumínica. Ao longo da charla coloquio sobre este tema, analizáronse medidas paliativas de aforro enerxético e de deseño e orientación das luminarias.


Posta en marcha de Climántica Intercambios

 

Climántica Intercambios ponse en marcha o luns 24 de marzo de 2014 co inicio da súa primeira experiencia piloto, que consiste nun intercambio entre Galicia e Canarias. O programa contempla unha semana de actividades en Canarias e outra en Galicia. As actividades en Canarias programáronse para desenvolverse do 24 ao 29 de novembro de 2014 e as de Galicia do 23 ao 27 de marzo de 2015. A metodoloxía das actividades en cada unha das rexións climáticas estará inspirada na aplicada nos campus xuvenís internacionais.

Esta experiencia piloto aspira a deixar consolidado este intercambio cada curso académico, dando oportunidades a incorporarse cada novo curso a outros centros canarios e galegos, e incorporando cada ano unha nova rexión climática diferente. Todos os centros interesados en liderar un núcleo de intercambio e ben en incorporarse a núcleos xa constituídos, poden solicitalo enviado un correo electrónico a climantica@climantica.org.

Climántica Intercambios é o novo proxecto derivado do concepto pedagóxico de Climántica que se pon en marcha no curso 2014-2015 coa finalidade de buscar respostas educativas fronte ao cambio climático mediante intercambios de Educación Ambiental e Científica entre comunidades autónomas e países implicados no proxecto Climántica.

En cada intercambio compararanse os aspectos claves das dúas comunidades para a mitigación e adaptación ao cambio climático: dominio climático, transporte, transformación e uso de combustibles fósiles, xestión da auga, impacto das enerxías renovables, respostas do tipo de substrato ante eventos extremos e xestión integral do territorio. Para facelo, selecciónanse equipamentos de divulgación científica e ambiental xunto con contextos ambientais que destaquen por ser recursos de calidade para a consecución dos obxectivos do proxecto.

Cos datos obtidos nos intercambios de cada curso académico, aliméntase un congreso xuvenil virtual internacional para presentar produtos de autor de sensibilización sobre este reto global. Á súa vez este congreso permitirá que os alumnos autores de traballos individuais máis destacados teñan acceso a un campus xuvenil internacional. Os docentes que orientasen traballos gañadores conseguirán, a través dos seus alumnos premiados, unha praza nun seminario docente que se desenvolverá de forma simultánea e sinérxica para investigar sobre as actividades do campus e propoñer a súa mellora.


O campus xuvenil internacional e o seu seminario docente de 2015 está programado para desenvolverse entre o 25 ao 30 de xuño no Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM). Os docentes recibirán o recoñecemento por parte do Ministerio de Educación de 50 horas de formación a través do convenio de formación do profesorado coa Asociación Española para o Ensino das Ciencias da Terra (AEPECT).


O XI Seminario “Respostas desde a comunicación e a educación fronte ao cambio climático” do CENEAM a...

 


O XI Seminario “Respostas dende a Comunicación e a Educación fronte ao Cambio Climático” do Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM) convidou ao proxecto Climántica para que formase parte dos contidos deste seminario celebrado na súa sede de Valsaín (Segovia) os días 30 e 31 de outubro. Neste seminario participan técnicos e expertos de todas as comunidades autónomas, de universidades e de ONGs que destacan en España no ámbito da súa temática

O obxecto da análise del proyecto foron os principios que aplicou o proxecto Climántica para ampliar a súa rede docente en distintos países durante o seu desenvolvemento entre o 2010 e o 2014, un cuadrienio marcado por unha crise que desactivou un número significativo de proxectos educativos, especialmente os relativos á Educación Ambiental.

Neste vídeo producido por Climántica TV . visualízase a exposición dos fundamentos do cinco principais criterios que seguiu Climántica para a súa eficaz internacionalización:
  1. Diversificación, derivación e ramificacións
  2. Establecemento de consorcios estratéxicos
  3. Presentación a convocatorias de libre concorrencia competitiva
  4. Mobilidade e internacionalización
  5. Potenciación da participación e do protagonismo dos estudantes como axentes de sensibilización


Entrevista ao coordinador da Área de Educación e Cooperación do CENEAM, e responsable do punto focal...

 
Este vídeo recolle as respostas de Francisco Heras Hernández, coordinador da Área de Educación e Cooperación do CENEAM e responsable en España para o artigo 6 da Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático a entrevista que concedeu a Climántica TV durante a celebración do XI Seminario "Respostas dende a Comunicación e a Educación fronte ao Cambio Climático".

Ao longo da entrevista Francisco Heras clarificou os ámbitos que coordina: a Área de Educación e Cooperación do Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAN) e o Punto focal de España relativo á Educación de á Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático. Tamén destacou a importancia que teñen as respostas educativas fronte ao cambio climático, suliñando a calidade que achega neste ámbito o proxecto Climántica e o interese que pode ter para a súa Área por acoller un campus deste proxecto, por estar incardinado nos seus obxectivos.


Conferencia sobre o proxecto Climántica no Encontro Regional de Educação Ambiental de Viseu

 
Está publicado en Climántica TV o vídeo da conferencia Respostas educativas às alterações climáticas e à sustentabilidade dos oceanos no enquadramento metodológico de Climántica, que foi a conferencia do venres 19 de setembro dentro do programa do Encontro Regional de Educação Ambiental celebrado na Escola superior de Educação de viseu organizado pola Associação Portuguesa de Educação Ambiental.

A conferencia impartida por Francisco Sóñora, director do proxecto, estruturouse en catro partes ben diferenciadas:
1) Características, estrutura e organización do proxecto.
2) Contidos e recursos do proxecto.
3) Modelo e modalidades de formación do profesorado do proxecto.
4) Tipos de respostas educativas dos alumnos que participan no proxecto.

Programa do seminario

Setenta estudantes de todo o mundo participan no Campus Oceántica 2014

 


Setenta estudantes de Galicia; Alcalá de Henares, Alacante, Canarias, México, Portugal e Polonia participan do luns 14 ao sábado 19 no Campus Internacional Oceántica 2014, organizado polo Campus do Mar da Universidade de Vigo. Os mozos, con idades entre os 10 e os 20 anos, son os gañadores do Congreso Internacional Xuvenil Oceántica 2014, no que concursaron con traballos e proxectos sobre conservación oceánica e do que resultaron gañadores.

Durante o seis días que dura este campamento de verán, os estudantes alternarán actividades de lecer e tempo libre con traballos de campo e investigacións científicas sobre medio mariño.



A primeira das actividades foi a visita a un miradoiro desde o que puideron contemplar a Ría de Vigo e as principais poboacións que a rodean. Alí, o profesor da Universidade de Vigo, Gonzalo Méndez, explicoulles que unha ría é un val ocupado polo mar e un lugar de intercambio de auga doce e salgada, con moitos nutrientes, o que a converte nun dos espazos litorais ou mariños máis produtivos do mundo. ?É por isto que sempre houbo moita actividade na súa contorna ?, afirmou.

Gonzalo Méndez faloulles tamén da forma na que os humanos ocuparon o territorio ao bordo das rías. A litoralidade deu unha vantaxe competitiva a cidades como da Vigo, que pasou de ser unha cidade moi pequena a ser a urbe máis grande de Galicia.



Xa pola noite, nas instalacións do Campus da Universidade de Vigo, o grupo de Oceántica celebrou o Festival das Nacionalidades, un punto de encontro e intercambio cultural no que puideron degustar gastronomía típica de cada un dos países participantes no Campus, como o tamarindo de México, o mollo de Canarias, as filloas galegas ou os doces portugueses. Ademais, cada unha das delegacións presentou un vídeo sobre o seu país e interpretaron cancións e bailes representativos.



Na xornada do martes, os estudantes viaxaron á illa de Cíes onde, guiados por científicos do Campus do Mar, realizaron investigacións sobre o terreo.

Divididos en tres grupos, participaron en outros tantos micro-proxectos: efecto antropoxénico na dinámica sedimentaria dunha praia, efecto antropoxénico da retirada de algas de arribazón e efecto antropoxénico na aparición e colonización de algas invasoras.



O primeiro grupo realizou un perfil transversal da Praia de Rodas, utilizando materiais sinxelos como balices, cintas métricas, tubos de goma para vasos comunicantes e táboas de datos.

Outro dos grupos recolleu mostras de area superficial da praia de Rodas e peneirouna para recoller anfípodos; mentres que o terceiro grupo centrouse na observación das algas presentes no intermareal rochoso da contorna de Rodas e realizou unha mostraxe aleatoria para determinar as especies presentes e a súa abundancia.

Todos estes datos e mostras compararanse cos dunha investigación similar que se realizará na praia de Samil nos próximos días, co obxectivo de que poidan extraer conclusións sobre o impacto antropoxénico nun ambiente pouco alterado, como é a illa de Cíes, e noutro con gran influencia do home, como a praia de Samil.



Pola tarde, antes de regresar a Vigo, todos os participantes de Oceántica subiron até o Alto do Príncipe, desde onde puideron gozar dunha vista privilexiada do Parque Nacional dás Illas Atlánticas.

E para pechar o día, de volta xa ás instalacións da Universidade, recibiron a visita do Grupo de Astronomía da Universidade de Vigo, co que realizaron unha sesión de observación astronómica de planetas, estrelas e constelacións.

 

O mércores 16 pola mañá os alumnos desprazáronse a Samil para completar a parte de investigación na praia iniciada o día anterior na praia de Rodas das illas Cíes. O obxectivo era comparar un ambiente protexido e pouco alterado pola acción humana, con outro urbano, onde a intervención do home tivo unha forte influencia.

Como xa fixeran anteriormente en Cíes, o mércores visitaron o areal de Samil e realizaron tres investigacións sobre o terreo: a dinámica sedimentaria da praia, a presenza de anfípodos e a presenza de algas colonizadoras.



Xa o xoves 17, analizaron todos os datos e mostras extraídas en ambas as praias nos laboratorios da facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo. Dirixidos por científicos, os mozos realizaron gráficos cos perfís transversais das praias de Rodas e Samil e puideron comprobar que nas Cíes, a presenza do complexo dunar ha garantido a rexeneración natural da area tras os fortes temporais deste inverno. Pola contra, en Samil, o paseo marítimo, que ocupa o lugar que orixinalmente ocupaban as dunas, impediu esa rexeneración natural e obrigou a que se tivese que encher a praia de maneira artificial.

Segundo apuntaron os estudantes de Oceántica nas súas conclusións, o achegue artificial de area a unha praia é un proceso moi custoso e pouco sustentable, polo que propuxeron a recuperación do complexo dunar e a substitución do paseo actual por un sistema de pasarelas de madeira que sexa máis respectuoso co medio.

Igualmente, estes mozos investigadores tamén comprobaron que na praia de Rodas hai unha gran cantidade de anfípodos e antrópodos (por exemplo, pulgas de mar), mentres que en Samil practicamente non existen. A presenza ou non destes organismos é un bo medidor do nivel de contaminación, posto que, entre outras cousas, axudan a osixenar a area.

O último aspecto abordado foi a comparación de algas dunha e outra praia. Segundo as mostras extraídas nos traballos de campo,  nas illas Cíes pódense atopar máis tipos de algas, nun maior número e vivas. Pola contra, en Samil, hai menor cantidade e diversidade de algas e moitas están desprendidas das rocas e mortas. Ademais, na praia da cidade de Vigo hai maior presenza de algas colonizadoras, que foron introducidas en Galicia pola acción dos humanos e que prexudican ás variedades autóctonas.

Para paliar estes efectos da intervención do home no litoral, os estudantes de Oceántica propuxeron entre outras cousas controlar a presenza humana nas praias, acoutando determinadas zonas para protexelas, e aumentar a educación ambiental da cidadanía. ?Hai que pensar máis no planeta e menos en nós ?afirmaron-. Se seguimos así, cada vez haberá menos especies?.



Na tarde do día xoves 17 a metade do grupo achegouse até o Club Náutico de Vigo para realizar deportes náuticos. Dirixidos polos monitores do Club, saíron a navegar en varios barcos da escola de vela durante preto dunha hora. A outra metade do grupo entrevistou os cidadáns maiores de Vigo para coñecer como cambiou a ordenación do territorio, o urbanismo e a economía da cidade, en relación á súa vinculación co océano.

Pola noite, no Campus da Universidade de Vigo, gozaron dunha sesión de cinema ao aire libre, coa proxección de Home, de Yann Arthus-Bertrand. Con vistas aéreas de diversos lugares do mundo, este documental mostra a diversidade da vida na Terra e como as actividades humanas convertéronse nunha ameaza para o equilibrio ecolóxico do planeta.



Divulgadores e sensibilizadores sobre a sostibilidade dos océanos

Na mañá do venres 18 os alumnos participaron como divulgadores na praia de Samil, dentro do programa Mergúllate non Océano. O setenta recibiron formación para ser comunicadores. Daquela a metade quedou divulgando e a outra metade visitou o Museo do Mar. A metade do tempo dedicado á divulgación, os que participaron inicialmente na divulgación visitaron o Museo do Mar e os que fixeron primeiro a visita, pasaron a divulgar. En Mergúllate non Océano, a través de oito talleres, dirixidos por monitores expertos en divulgación científica, os mozos puideron extraer información sobre como funcionan as correntes mariñas, que tipo de plantas ou organismos vivos atópanse nas dunas, dos impactos sobre as mesmas, de onde procede o peixe que comemos habitualmente. Unha vez formados, pasaron eles a ser divulgadores. Na tarde os que o día anterior entrevistaron os vigueses, participaron agora nas actividades náuticas, e os que participara o xoves nas actividades náuticas, participaron agora nas entrevistas a cidadáns de Vigo.



Todo este material, tanto o recolleito nas investigacións realizadas, como a información extraída das actividades actividades no campus serviu de inspiración para a realización de 4 vídeos e un musical co obxectivo de sensibilizar á ciudanía sobre os grandes retos globais ambientais do século XXI: sustentabilidade dos océanos e cambio climático. Estes produtos de sensibilización elaboráronos en equipos de traballo e presentáronos no festival de fin de campus.

Despois dunha intensa semana de convivencia no Campus universitario da Universidade de Vigo, o setenta alumnos de todo o mundo que participaron no Campus Internacional Oceántica 2014 despedíronse o pasado sábado 19 de xullo cunha gala final na que presentaron catro vídeos elaborados por eles mesmos e un espectáculo musical, todo iso co obxectivo de concienciar á sociedade sobre a importancia de conservar e coidar os océanos.

A gala retransmitiuse en streaming para que familiares e amigos dos participantes puidesen seguila en directo desde os seus países de orixe.  A través dun chat habilitado para a ocasión polos técnicos do Campus do Mar, os seguidores tamén puideron comentar o espectáculo e enviar mensaxes en directo desde México, Portugal, Arxentina, Canarias, Madrid ou distintas partes de Galicia.

Catro vídeos con moito contido

Na primeira parte da gala presentáronse os traballos audiovisuais elaborados polos alumnos de Oceántica a partir da información e as actividades realizadas durante o Campus. Entre outras cousas, nos seus traballos reflectiron a evolución da illa de Cíes ou da praia de Samil en Vigo, a importancia de conservar as dunas ou os efectos da acción humana sobre as especies que habitan nas costas. Igualmente, envorcaron todo o aprendido nos talleres ?Mérgullate non océano?, unha actividade divulgativa sobre ciencias e tecnoloxías mariñas, organizada polo Campus do Mar, que visitaran o venres na praia de Samil.

Con todos estes datos, os mozos fixeron as súas propias propostas para conservar os océanos e os ecosistemas mariños.



Unha viaxe ao fondo do mar mediante un musical

Despois do visionado dos vídeos, chegou o momento do musical. Conducidos polo guionista e director de escena Antón Coucheiro e polo profesor da Escola de Altos Estudos Musicais da Coruña José Rodríguez, os mozos tomaron o escenario do Auditorio do Campus da Universidade de Vigo.

Úrsula, a protagonista da historia, levou ao público até o fondo do mar no seu submarino amarelo. Alí foi atopándose cos seus distintos habitantes: sardiñas, peces espada, peces martelo, cangrexos? pero tamén cos residuos que o home tira ao mar, como bolsas de plástico ou verteduras.

Tras esta viaxe polo interior do océano, o musical finalizou cunha mensaxe de concienciación para que a sociedade deixe de usar o mar como un vertedoiro e sexa consciente da gran riqueza que existe no océano.


40 Premiados entre os 531 estudantes de Europa e Sudamérica participantes no Congreso Xuvenil Oceánt...

 

O congreso xuvenil Oceántica encontrou os 40 premiados por traballos sobre a sostibilidade dos océanos entre os 531 estudantes autores dos 230 proxectos presentados ao congreso xuvenil internacional Oceántica 14 Siguiendo o criterio establecido en Oceántica13, outorgáronse o 75% das prazas premiadas a estudantes de Galicia e un 25% a estudantes doutros países e comunidades autónomas. Esa relación de premiados quedou integrada por 29 alumnos de Galicia e 11 premiados dos demais países participantes, México, Polonia, Arxentina e Portugal.

A acollida deste congreso virtual creceu exponencialmente dende o ano pasado, cando presentaron traballos ao redor de 300 estudantes de primaria e secundaria. Por proximidade, os estudantes galegos son os máis numerosos neste congreso xuvenil virtual: dos 531 alumnos, 180 son de dez centros de Galicia. A eles hai que engadir outros 142 do resto de España e, seguidamente, 104 de once centros educativos de México. Por detrás está Polonia con 52 participantes, Arxentina con 23 e Portugal con 30.

Os traballos debían plasmar os desafíos da sostibilidade do océano. A convocatoria estaba aberta a distintos formatos, dende poesía ou relato ata curtametraxe, música, vídeo, fotografía, cómic ou presentacións multimedia. Entre outros temas, os proxectos presentados tratan, dende moi diversos puntos de vista, a contaminación mariña, a pesca, o cambio climático. a deterioración das praias, a influencia dos humanos nos océanos, o lixo que se encontra nos diferentes mares do planeta, a reciclaxe, as catástrofes do Prestige e do Exxon Valdez ou a desconxelación dos polos. Ademais, moitos dos traballos céntranse en diferentes especies mariñas e boa parte deles traballan a favor da sensibilización das novas xeracións para protexer e coidar o medio mariño.

O premio, un campus científico-artístico-social

Os autores dos proxectos mellor valorados polo xurado participarán no campus de Vigo nun campamento de verán no que durante seis días desenvolverán un proxecto audiovisual en equipos formados por alumnos de idades e habilidades de comunicación diversas e baixo o lema “Observo os espazos de interacción marzo-terra-poboacións humanas, compároos co seu pasado, e fago propostas para un futuro máis sostible e con respostas ao cambio climático”. Ademais desta actividade audiovisual, os estudantes realizarán excursións e actividades lúdicas, de convivencia e artísticas. Durante o campus de verán tamén se desenvolverá unha obra de teatro musical que se presentará publicamente nun festival fin de campus.

Durante o campus os alumnos visitarán ámbitos costeiros para recoller datos sobre os aspectos implicados nos proxectos científicos e nos produtos de sensibilización. Posteriormente traballarán con eses datos no laboratorio para chegar a conclusións relativas aos proxectos de investigación que tratarán sobre a contaminación das praias, as especies invasoras e os impactos na morfoloxía costeira. Tamén se abordarán cuestións relativas á antropoloxía e historia do ámbito costeiro de Vigo. De todos estes datos, análise e conclusións tomarán imaxes para unha expresión en vídeos conducidos por un argumento e guión orixinal elaborado polos grupos seminario, que deberán crearse para lograr introducir todo o desenvolvemento de investigación e análise de información do campus. Estes vídeos serán catro, producidos por outros tantos grupos seminario. Sobre as vivencias e coñecementos do campus, tamén se creará un musical, no que traballarán 3 grupos seminario coordinados para a representación final, que xunto cos 4 vídeos se presentará no festival de fin de campus.

Todos os proxectos recibidos están publicados no blog do congreso e a decisión do xurado supoñerá o 70% da cualificación dos traballos, mentres que o 30% restante dependerá dos Gústame" do Facebook. O xurado estivo composto por oito persoas alleas ao Campus do Mar e con experiencia neste tipo de actividades, como Margarida Feliu, de Axenda 21 de Barcelona; Rosa Arcos, asesora de formación do profesorado da Consellaría de Educación en Málaga; Carmen Villavicencio, responsable de formación on line do programa La Ciencia na túa Escola da Academia Mexicana de Ciencias; Anna Pons, directora do Centro de Educación Ambiental da Comunidade Valenciana; Mar Fontes, xefe do Departamento de Orientación do IES Santa Comba; Ana López, xornalista da revista Escuela; José Manuel Gutiérrez, de CEIDA Euskadi e Lydia Nicollet, coordinadora europea da Confint. Para estes expertos pes, sobre todo, na súa decisión a orixinalidade, a rigorosidade, a capacidade de sensibilización e o grao de madureza na elaboración técnica das propostas. A estes 40 premios outorgados polo xurado, hai que sumar premios outorgados polas organizacións colaboradoras, que asignarán os premiados pola participación dos seus estudantes. Desta forma incorpóranse ao campus outros 30 alumnos dos cinco países participantes.


Convocatoria do curso internacional presencial e por streaming “Cambio global antropoxénico no océan...

 

O Campus do Mar convoca o curso internacional Cambio global antropogénico no océano, coa colaboración da Asociación Portuguesa de Educación Ambiental e co cofinanciamento da FECYT, no marco da proposta do proxecto que resultou seleccionada na última convocatoria de libre concorrencia competitiva de axudas ao fomento da cultura científica e a innovación. A colaboración coa ASPEA determinou a selección da cidade portuguesa de Viana do Castelo pola súa facilidade para integrar as comunidades educativas de ambos os dous lados da fronteira.

Está previsto que as prazas do auditorio queden repartidas a partes iguais para os dous colectivos docentes dos países veciños. Para facilitar os desprazamentos sairán autobuses de Santiago e de Vigo, cuxo custo corre a cargo do orzamento do curso.

Para os docentes que sigan o curso dende localidades e países que non lle permitan desprazarse, poderán seguir o curso por streaming mediante un usuario que solicitará enviando un correo a oceantica@campusdomar.es. Tanto os asistentes presenciais coma os que sigan o curso por streaming recibirán a correspondente acreditación da formación por parte da Universidade de Vigo, pero antes terán que matricularse a través da plataforma de formación do profesorado Bubela da Universidade de Vigo.

O programa, recolle 45 minutos para que os asistentes presenten as súas experiencia de aula, laboratorio e campo que teñen relación coas temáticas tratadas no curso. En concreto presentaranse as 5 máis destacadas das enviadas durante o prazo de matrícula a oceantica@campusdomar.es. Ademais desta selección de actividades que presenten os asistentes, no programa recóllense outras 6 dimensións:

  1. Actualización científica sobre cambio global, cambios na física da atmosfera e na do océano, e cambios na ecoloxía do océano no contexto do cambio global contemporáneo
  2. Aspectos de divulgación científica sobre cambio global no océano que poden ser útiles para o ensino: as respostas educativas ao cambio climático que abordou neste curso o museo da Fábrica de Ciencia Viva de Aveiro e comunicación das interaccións ser humano - mar na fronte marítima
  3. Posta en común sobre as respostas en programas de Educación Ambiental relevantes no Estado, en Portugal, en México e a nivel europeo en xeral
  4. O papel das Ciencias sociais nas respostas educativas aos cambios globais: Pedagoxía Social e Economía do cambio global
  5. As competencias docentes para xerar respostas educativas ao cambio global
  6. Saída de campo para estudar os efectos das cicloxéneses explosivas deste inverno sobre a barra de Vila Praia de Áncora, como recurso didáctico para o estudo dos impactos do cambio global oceánico sobre a morfoloxía costeira.

Programa do curso (pulsa aquí).


Bajo el patrocinio de la UNESCO

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino