No marco da alianza estratéxica para a innovación e boas prácticas educativas EduCO2cean-Erasmus+, deseñado no marco do proxecto Climántica, en consorcio coa Fábrica de Ciencia Viva e da Universidade de Aveiro e o grupo de investigación SEPA-Interea da Universidade de Santiago de Compostela, convócase o proceso para seleccionar aos alumnos participantes no Campus internacional CLMNTK17 e os seus docentes acompañantes que formarán parte do Seminario docente acreditado con 50 horas polo Ministerio de Educación Ciencia e Deporte (MECD).
Descargar folleto do campus CLMNTK17
Descargar folleto do Seminario docente
Este campus adaptará ao medio costeiro o modelo aplicado nos últimos anos en el Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM). Por iso nesta edición terá a súa sede na Fábrica de Ciencia Viva e da Universidade de Aveiro. No campus desenvolveranse dous tipos de produtos mediante traballo colaborativo en equipo:
- Curtametraxes que integren as imaxes que expresen o coñecemento adquirido no campus, comparándoas e aumentándoas con realidade aumentada coas que traen os estudantes das súas estancias estivais en contornas costeiras, e que utilizando a robótica e a realidade virtual, presenten un futuro máis sustentable para as contornas costeiras no marco cambio climático.
- Un musical de sensibilización sobre o cambio climático e o cambio global no océano, que integre o teatro, a música, a danza e as artes plásticas proxectadas mediante holografía como escenografía. Esta proposta ambiciona evolucionar, na liña EDUCO2cean, o musical do 2016.
Descargar póster do campus CLMNTK17
Os alumnos seleccionaranse pola calidade dos seus produtos de sensibilización sobre o cambio climático, o cambio global dos océanos e demais retos ambientais globais publicados na plataforma, de acordo coas bases publicadas na apartados Convocatoria e Criterios de selección para campus. A url que da acceso ao congreso virtual é:
Convocatoria:
http://congresovirtualeduco2cean.climantica.org/convocatoria/
Criterios de selección para campus:
http://congresovirtualeduco2cean.climantica.org/seleccion/
Instruccións en pdf e vídeo para subir os traballos á plataforma:
http://congresovirtualeduco2cean.climantica.org/como-participar/