A Dirección Xeral de Divulgación Científica (DGDC) da Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM) convidou a Francisco Sóñora Lúa, director do proxecto Climántica a impartir unha conferencia sobre o proxecto Climántica o día 20 de maio.
Neste coloquio participaron a nivel presencial, na Sala Juárez, os técnicos de divulgación científica da DGDC da UNAM. Pode seguirse a conferencia a través desta ligazón (debido a un retraso no comezo da conferencia empeza a partir do minuto 17):