CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Vídeo da conferencia “Xenes e ambiente” impartida polo Dr. Carracedo

 
Está publicado en Climántica TV o vídeo da conferencia que impartiu o doutor Carracedo o venres 1 de abril de 2016 no Coliseo Noela de Noia, formando parte do programa de Climántica Intercambio Galicia - Canarias 2016.

Partiu da explicación dunha forma didáctica a estrutura do ADN para situar a mutación como motor da evolución e da enfermidade.

Expuxo que hai que convivir coa enfermidade porque está causada por mutacións, pero non só por mutacións, senón tamén polas súas relacións co ambiente.

Por tanto nas enfermidades inflúen tanto os xenes como o ambiente, e por iso temos que mellorar a comprensión da relación xene - ambiente. Para iso temos que coñecer todos os nosos xenes (xenoma), e estes agora podémolos analizar moi rápido. Pero tamén temos que estudar como inflúe o ambiente nos xenes. A isto denomínase como Epixenoma, que son modificacións químicas que teñen os xenes, que se poden producir acetilando as histonas ou metilando as bases, sobre todo en C e G.

Para entender o Epixenoma necesitamos entender a flora microbiana, porque convivimos con bacterias nun equilibrio do que depende a saúde. De feito as compañías farmacéuticas esperan qe nos próximos 25 anos haxa máis medicamentos desenvolvidos utilizando o microbioma que os xenes.

Estas ideas resumidas nestes parágrafos expúxoas estruturadas coa seguinte secuenciación:

1.- O ADN molécula da vida
2.- Técnicas para ler o libro
3.- Xenes, ambiente e evolución
4.- Enfermidades que son mestura de xenes e ambientes
5.- Como altera o medio ambiente os xenes? Epixenética
6.- Os microorganismos non só nos prodúcen enfermidades, pois tamén nos dan saúde: Human Microbiome Project.

TRANSCRICIÓN RESUMEN


Comentarios:
 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado
  •  
  •  
Bajo el patrocinio de la UNESCO

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino