Un xurado formado por profesores, investigadores e divulgadores científicos valorará os traballos presentados e elixirá os proxectos gañadores, cuxos autores serán premiados coa participación nun campus de verán internacional de carácter científico científico-artístico-socio-ambiental, na liña do que se celebrou no ano 2013, do que se resumen as súas actividades dos neste video. Nese campus participaron alumnos de Galicia e doutras comunidades autónomas españolas, xunto con premiados dos Polonia, Portugal, Arxentina e México.
Tanto o congreso xuvenil como o campus xuvenil internacional están confinanciados pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), entidade dependente da Secretaría de Estado de I+D+I do Ministerio de Economía e Competitividade, ao ser esta iniciativa unha das seleccinadas na Convocatoria de Axudas para o fomento da Cultura Científica e da innovación 2013. A través desta convocatoria preténdese apoiar aqueles proxectos singulares que xeran maior impacto na cidadanía e exploran novos camiños para achegar a ciencia e fomentar a cultura da innovación entre os cidadáns.
Máis información sobre Oceántica14 (pulsa aquí).