Nesta nova edición, mantéñense os Relatores sobre os ámbitos da ciencia fronteira recollidos no currículo de Ciencias para o Mundo Contemporáneo que interviñeron na primeira edición, e incorporase ademais a investigadora do equipo de Atapuerca e responsable da liña de Investigación sobre Antropoloxía Dental en Homínidos no Centro Nacional de Investigación sobre Evolución Humana, María Martinón Torres, que intervirá, o día 4 de febreiro, co seminario titulado “O homínido emigrante: clima, barreiras e camiños”.
Os outros cinco relatores, que xa estiveron na primeira edición, esta vez intervirán de acordo con esta axenda:
- 21 de xaneiro. Ángel Carracedo Álvarez. Catedrático de Medicina Legal da USC e director do Instituto de Medicina Legal de Santiago de Compostela. “Xenómica para o mundo contemporáneo: xenómica de poboacións e clima”
- 28 de xaneiro. Francisco Díaz-Fierros Viqueira. Catedrático de Edafoloxía da USC e Vicepresidente do Consello da Cultura Galega. “Cambio climático nos ecosistemas terrestres”
- 4 de febreiro. Antonio Bode Riestra. Investigador do Centro Oceanográfico de A Coruña do Instituto Español de Oceanografía. “Cambio climático no medio oceánico”.
- 11 de febreiro. Francisco Anguita Virella. Vulcanólogo fundador da Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra (AEPECT). “Do big bang ao problema ecolóxico: aproximación do cosmos á problemática ambiental e aos riscos”
- 25 de febreiro. Bernardo Parajó Calvo. Profesor da escola Enxeñería industrial de Vigo e director da Axencia Enerxética de Vigo. “Desenvolvementos tecnolóxicos sobre Enerxía e sustentabilidade: pasado, presente e futuro na sociedade do cambio climático”.