Neste congreso preséntanse os traballos dos 652 estudantes de Primaria, Secundaria, Bacharelato, Ciclos formativos e Universidade. Os traballos presentados foron elaborados ao longo do curso co obxectivo de sensibilizar a toda a poboación. Todos eles quedan editados no nº 3 da revista CLMNTK que se pode descargar en pdfs organizados por centros educativos no subapartado Revista do apartado Biblioteca. Os traballos multimedia poden visualizarse desde o subapartado Alumnos do mesmo apartado Biblioteca.
As actividades desenvoltas en plenario quedan recollidas neste programa e as rutas de autobuses organízanse de acordo a estes itinerarios, horarios e paradas.
Os 30 estudantes de ESO premiados desenvolverán un itinarario polas rías baixas e o parque nacional Illas Atlánticas viaxando a vela nunha goleta polas rías de Arousa e Vigo entre os días 24 e 28 de xuño de acordo con este programa. Os de Primaria desenvolverán o seu campamento formativo en Alvarella entre os días 24 e 27 de xuño de acordo con este programa. Os premiados de Bacharelato, Ciclos formativos e Universidade desenvolverán o seu campamento formativo no albergue Marina española, coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, entre o 7 e o 11 de setembro de acordo co seguinte programa. Os alumnos de Universidade prepararán actividades de sensibilización ambiental para os períodos lúdicos e de convivencia, nos que actuarán de monitores.
Autorización Primaria.
Autorización ESO.
Autorización Bacharelato.