Tamén se publica hoxe o número 2 do cómic de Educación Ambiental “Palmira e Marcial, odisea medioambiental”, que recolle e adapta o contido de “Se queimamos quentamos”. Tanto este número, como os 8 capítulos da segunda unidade, están dispoñibles en formato pdf para a súa descarga desde o apartado ‘Biblioteca’.
Dentro desta segunda etapa de Climántica –e inspirándose no seu contido- tamén se desenvolveu o material didáctico para Primaria “Aprendemos coas Escolas Climánticas”, que a súa vez se apoia nos cómics, na novela e no videoxogo CLMNTK, e cuxas actividades tamén se poden facer de forma interactiva desde o apartado de Primaria desta web.
Climántica fixo un esforzo especial na produción didáctica durante este curso 2008-2009 e únese, así, ao chamamento de Educadores pola Sostibilidade da Organización de Estados Iberoamericanos para converter este 5 de xuño nunha xornada de activismo educativo en prol dun Protocolo de Copenhague realmente efectivo. Unha xornada que impregne a actividade escolar e irradie a súa acción a toda a sociedade, tanto ese día como o resto del ano, animando desde a Educación Ambiental aos responsables políticos para que convertan este Protocolo nunha prioridade para nosa supervivencia e a das demais especies. Ademais, quere estender este chamamento á súa rede educativa para que desde os seus blogues se unan a este activismo medioambiental que tan ben están despregando nos seus centros educativos. .
Enviado por Ramón Cabanelas Rodríguez 05 06 2009 as 10:16