Xa están dispoñibles no apartado
Novelas de
Biblioteca as versións en
galego e en
castelán
da primeira novela da colección Contos Climánticos
A treboada de C
do escritor Agustín Agra. Esta novela consta de 24 relatos de temática
ambiental, conducidos e relacionados polo cambio climático. Pero tamén
cada un deles funciona de forma individualizada e todos presentan un
importante potencial didáctico, pola súa capacidade para posibilitar
lecturas de 5 ou 10 minutos sobre as que se poden abrir coloquios e
debates na aula que facilitan a introducción transversal da Educación
Ambiental.
Os centros educativos que o desexen poden pedir exemplares a
climantica@climantica.org.
Enviado por Mariana 06 07 2009 as 01:06