Por outra banda, nas bases de Climántica estaba elaborar para a Educación Primaria produtos globais, lúdicos, motivadores, capaces de estimular a creatividade e a imaxinación. Estes produtos recóllense nas coleccións de banda deseñada Palmira e Marcial, odisea Medio Ambiental, e a colección de relatos Contos Climánticos. Tamén se propón a serie de videoxogos CLMNTK. Estes produtos xeran contidos e recursos para desenvolver actividades globalizadoras na aula que se recollen na colección de libros didácticos Aprendendo coas Escolas Climánticas.
No tempo transcorrido entre o inicio da primeira etapa e o da segunda do proxecto, o equipo de Climántica desenvolveu unha serie de ferramentas específicas para os alumnos de primaria, entre as que destacan os dous primeiros números do cómic Palmira e Marcial, odisea ambiental; o primeiro número da serie Contos Climánticos, titulado A Tormenta de C, e o videoxogo infantil CLMNTK. Tomando como base contidos e recursos destes produtos, o grupo de traballo de Educación Primaria do equipo Climántica desenvolveu un libro do profesor e actividades globais do estudante para traballar co centro de interese: Movémonos e consumimos moi diferente a como o facían os nosos avós. Isto provocou o cambio climático, pero coa miña axuda podémolo frear.
Grazas á segunda unidade didáctica do proxecto, Se queimamos, quentamos, o proxecto alcanzou a madurez necesaria para a súa implementación nos cursos 5º e 6º de primaria, xa que é nesta unidade onde se expoñen solucións e medidas específicas para o cambio climático. En particular, aborda os ciclos enerxéticos e vincúlaos coas históricas revolucións enerxéticas e ambientais, situando ao alumno na actual crise enerxética e relacionándoo co cambio climático.
O día 30 de xaneiro, no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), preséntase á comunidade educativa de Educación Primaria o libro nº1 da colección de materiais didácticos para primaria Aprendo coas Escolas Climánticas así como a primeira da colección Contos Climántica titulada A treboada de C, os dous números de banda deseñada, o videoxogo infantil CLMNTK no que se toman decisións de xestión enerxética e do territorio para a solución do cambio climático. Nestas xornadas, tal e como se pode ver no programa, presentaranse o potencial didáctico dos produtos, da proposta TIC, das actividades de Aprendo coas Escolas Climánticas e a proposta formativa para os mestres interesados que se desenvolverá en abril na Facultade de Físicas do campus Sur da USC.
Programa da xornada.
Enviado por pili 09 02 2009 as 21:45
moitas gracias.
Un saúdo
Pilar
Enviado por Climántica 18 02 2009 as 11:10
Climántica.
Enviado por Monica Ferrón 10 06 2009 as 08:49