Xa se pode acceder ao blog guía desde o novo epígrafe de Blogues desta web. Unha vez que se entra no blog guía pode accederse a unha serie de Titoriais que a modo de película nos explican con detalle como xestionar e administrar os blogues de aula. Tamén se pode acceder aos Foros onde se pode interactuar sobre diversos temas e recibir asesoría para o uso e administración de edublogs e eduforos de aula. O epígrafe de Blogues do blog guía é o que nos permite acceder aos blogues de aula dos centros que xa solicitaron esta utilidade didáctica. Este blog guía, ademáis de ser un blog de blogues, contén recursos, ideas de actividades e suxerencias para integrar nos blogues de aula de forma que lles facilite a tarefa. Os centros que queiran solicitar un blog de aula poden facelo enviando unha solicitude mediante o correo corporativo do centro ao enderezo de contacto desta web climantica@climantica.org