CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Posta en marcha do novo Erasmus+ EDUCO2Health coa convocatoria do seu campus

 

A Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Aveiro, atendendo á tarefa compartida de desenvolver o congreso virtual internacional para seleccionar aos estudantes participantes no campus de setembro do 2024, encadrado no proxecto K220 de Erasmus+ “EXPOSOMA E CAMBIO CLIMÁTICO NO AUDIOVISUAL ESCOLAR CO ENFOQUE ONE HEALTH DA OMS” (EDUCO2Health) de código 2023-1-ES01-KA220-SCH-000162179, que se comunica a través desta ligazón, convocan, apoiándose na experiencia de colaboración de máis dunha década de Climántica e Fábrica, o congreso xuvenil virtual internacional CLMNTK24-EDUCO2Health.


A convocatorio queda establecida no PDF que se pode descargar desde esta ligazón. Desde leste outra ligazónpode descargarse un PDF con imaxes que explican os dous tipos de proxectos (curtametraxes e teatro musical) e os talleres que permiten desenvolver as competencias e habilidades que requiren os proxectos. A posta en marcha deste campus foi un dos acordos adoptados polos a quince expertos de cinco países europeos, liderados polo Dr. Ángel Carredo, que se reuniron en Santiago de Compostela o 3 e o 4 de abril para poñer en marcha a estrutura e a organización do proxecto Erasmus+ EDUCO2Health. Trátase dun dos 10 proxectos de España que recibiu o máximo financiamento que outorga a Unión Europea para proxectos intersectoriales de innovación educativa escolar que se inician este curso.


No campus formarase aos estudantes que se integrarán na produtora do documental do novo proxecto e iniciarase a gravación do mesmo. Este documental estará realizado por e para estudantes de secundaria e os seus contidos explotaranse nas aulas a través dun libro de texto, dunha guía didáctica e de materiais metodolóxicos de alfabetización cinematográfica documental e de ciencia escolar experimental, coa obtención de propostas de divulgación científica a desenvolver nos centros de divulgación Domus de Museos Científicos da Coruña e de Fábrica, Centro Ciencia Viva da Universidade de Aveiro.


O proxecto supón o avance da plataforma programa Climántica cara ás relacións do cambio climático coa xenética e a saúde. Acompañan á USC, e á divulgación científica dos Museos Científicos de Aveiro e A Coruña, o grupo de investigación en Cinema da Universidade de Bolonia de Italia, a Estación de Bioloxía Mariña da universidade romanesa de Iasi, o centro de bacharelato especializado en Ciencias Liceo XXVI da cidade polaca de Lodz e o Bacharelato de Artes do IES Bernardino de Escalante de Cantabria.




Comentarios:
 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado
  •  
  •  
Bajo el patrocinio de la UNESCO

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino