CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Climántica na Semana da ciencia do IES Torrente Ballester

 


Climántica estivo presente na Semana da ciencia do IES Torrente Ballester. Os stands de Climántica estiveron dirixidos por estudantes de 4º de ESO formados pola técnica de educación ambiental responsable de dinamización do equipo Climántica, Sabela García. Eses estudantes explicáronlle á Comunidade Educativa, desde os seus stands e mediante experiencias sinxelas as causas e consecuencias do cambio climático. A conferencia de clausura, titulada “Cambia o clima? Climántica responde”, foi impartida polo director do proxecto Climántica, Francisco Sóñora.

Actualización: Xa se pode ver en Climántica TV o documental das actividades e o da conferencia de clausura

Conferencia no IES Salvador de Madariaga de A Coruña

 

A Coruña

O IES Salvador de Madariaga de A Coruña invitóu ao Equipo Climántica a participar na celebración do Día Mundial do Medio Ambiente neste centro. Esta participación concretouse nunha charla-coloquio celebrada o 8 de xuño de 2007, e que tratóu sobre cambio climático. O auditorio estivo formado na súa maior parte por alumnos de 3º e 4º de ESO, aínda que tamén asistiu un activo grupo de alumnos de 1º ciclo de ESO que constitúen un equipo que traballa en obradoiros relativos ao medio ambiente.


Climántica na III Semana da Tecnoloxía do IES Pintor Colmeiro de Silleda

 

Silleda

No marco das actividades da III Semana da tecnoloxía do IES Pintor Colmeiro de Silleda que se centrou no cambio climático e nas enerxías renovables, o xoves 7 de xuño, o Director Xeral de Desenvolvemento Sostible impartiu unha conferencia titulada “O cambio climático, un reto para Galicia e un reto para a Humanidade”. A seguinte conferencia correu a cargo do Director do proxecto, quen baixo “Cambia o clima? Climántica responde”, expuxo a importancia do cambio climático como fío conductor de todo o proxecto. Durante o coloquio destacou unha pregunta dunha alumna sobre os efectos do cambio climático sobre a esperanza de vida das persoas e se afectaría por igual nos países ricos que nos países pobres. Na Semana da tecnoloxía expuxéronse os mellores proxectos tecnolóxicos realizados polos alumnos durante o curso, entre os que podemos destacar unha cociña solar feita cunha parabólica e novos prototipos de robots.


Climántica en Ponteareas

 

Ponteareas

O día 6 de xuño coincidindo coa celebración do Día mundial do medio ambiente, o equipo docente do IFP A Granxa que lidera a participación na Axenda 21 escolar dese centro, invitou ao Director Xeral de Desenvolvemento Sostible e ao Director do proxecto Climántica para que explicaran o reto do cambio climático e a contribución deste proxecto para afrontalo. Na presentación oficial da sesión formativa, que se celebrou no auditorio de Ponteareas, tamén interviron o Alcalde de Ponteareas e o Equipo docente coordinador da Axenda 21 escolar do IES A Granxa. O auditorio estivo constituído polos alumnos de secundaria dos institutos da zona educativa. Na fase de coloquio os estudantes preguntaron sobre a posible relación dos incendios forestais co cambio climático e sobre as posibilidades das enerxías renovables. O profesorado preguntou sobre o papel da enerxía nuclear e sobre a importancia dos bosques como sumidoiro.


Climántica na VI Semana da Ciencia do IES Nº1 de Ribeira

 

Ribeira

No marco das actividades da VI Semana da ciencia do IES Nº1 de Ribeira que se centrou no cambio climático, o martes 29 de maio, o Director Xeral de Desenvolvemento Sostible impartiu unha conferencia titulada “O cambio climático, un reto para Galicia e un reto para a Humanidade”. A seguinte conferencia correu a cargo do Director do proxecto, quen baixo “Cambia o clima? Climántica responde”, expuxo a importancia do cambio Climático como fío conductor de todo o proxecto. Durante o coloquio correspondente á primeira intervención os alumnos interesáronse por os principais problemas ambientais de Galicia, as solucións máis urxentes, sobre se podería compensar o uso da enerxía nuclear. As preguntas relativas á segunda intervención centráronse na existencia de riscos de furacáns en Galicia, a importancia de que se adopten medidas políticas para resolver o problema e a duración no tempo do proxecto Climántica.


Por último a organización da VI semana invitou ao Director Xeral e ao Equipo Climántica a ver a exposición de actividades prácticas, recibindo unha detallada explicación daquelas que resultaron da aplicación do proxecto no centro, entre as que destacan modelos de simulación coma os dos efectos Ártico e Antártico, efecto invernadoiro, formación de furacáns, prácticas para evidenciar os efectos da choiva ácida, construcción dun pequeno coche solar e visualización dunha extensa exposición de murais relativos ao cambio climático. Todas estas actividades, ao igual que as dos demais centros que desenvolvan o proxecto, poden verse no apartado de Centros desta web.


Climántica no IES Agra de Raices de Cee

 

Agra de raices

No marco dos actos programados na Semana Cultural do IES “Agra de Raíces” de Cee, o día 14 de maio celebrouse unha charla coloquio, dentro do programa Climántica Formación, co alumnado de 3º e 4º da ESO. Os alumnos aportaron a súa visión do problema do cambio climático achegando varios resumos da charla onde recoñecen a implicación da Humanidade coas súas emisións de gases de efecto invernadoiro e onde reflicten as súas inquedanzas polas consecuencias do aumento da temperatura do planeta. Os rapaces preguntaron se aguantarían os seres vivos un cambio climático se a temperatura segue aumentando durante 100.000 anos ou cantos anos duraría a Terra se seguimos coas mesmas emisións de CO2. Asimesmo se interesaron por saber se somos nós os encargados de cambiar o clima e os problemas que afectan a éste e tamén por que EEUU sabendo o que pasa non fai nada.


Climántica no CPI O Feal de Narón

 

O Feal

O pasado día 8 de maio dentro do programa Climántica Formación, tivo lugar unha charla coloquio co alumnado de 3º e 4º de ESO e de Garantía Social do CPI O Feal de Narón. No coloquio os alumnos interesaronse sobre as posibilidades tecnolóxicas para resolver o deshielo dos polos ou para romper as moléculas de dióxido de carbono para formar oxíseno. Tamén preguntaron sobre a posibilidade de buscar planetas parecidos a Terra por se a situación do noso planeta empeorara moito.

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino