CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Concurso "Camiño a Brasilia”: Selección dos 2 estudantes galegos que participarán no cumio

 


A expresión dos compromisos co Planeta por parte dos estudantes de Galicia, tanto en forma de redacción  de ideas e críticas positivas, como en soporte multimedia, van a permitir seleccionar unha alumna e un alumno de ESO para formar parte dos 8 delegados que enviará España á  Conferencia Internacional InfantoXuvenil Coidemos o Planeta dos países da ONU que se celebrará en Brasilia do 5 ao 10 de xuño. Esta conferencia  ten por obxectivo involucrar aos estudantes de tódolos continentes nun proceso de concienciación, reflexión e acción no campo dos cambios mundiais sociais e ambientais enfocados ao cambio climático. Esta proposta é unha oportunidade para a formación dunha rede de estudantes sobre Educación Ambiental acadando responsabilidades para a construción de sociedades sostibles e promover accións relacionadas co coidado do planeta.

A selección farase pola calidade das achegas de textos, curtos, animacións e críticas positivas que se aporten para a elaboración da Carta dos compromisos dos estudantes de Galicia co Planeta que se elaborará mediante a aplicación http://www.wiklimantica.com, para o que se conta con unha introdución do autor de A Treboada de C, Agustín Agra. En igualdade de condicións na calidade das achegas, terase en conta a participación e a calidade dos traballos presentados aos congresos de estudantes CLMNTK. Os dous delegados seguirán como representantes da delegación de 8 estudantes – delegados de  España ata a convocatoria do seguinte cumio. Este concurso aparece convocado no mesmo documento que o III Congreso CLMNTK de estudantes e os seus premios.

ACTUALIZACION: A data límite para comunicar os 8 delegados de España é o 15 de abril, por tanto seleccionaranse a alumna e alumno de Galicia pola variedade e calidade das súas aportacións nesta plataforma incorporadas ata o día 12 de abril, data na que se publicarán neste páxina os seleccionados e suplentes. Tanto os seleccionados coma os suplentes deberán ter entre 12 e  15 anos o día 5 de xuño de 2010 e deberán enviar ao correo climantica@climantica.org esta autorización debidamente complimentada. Se os seleccionados non envían a autorización o día 13 de abril, ocuparán a súa praza os primeiros suplentes dos que se dipoña da súa autorización.


Comentarios:
 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado
  •  
  •  
Bajo el patrocinio de la UNESCO

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino