Publicado o
14 10 2010 as 24:00
|| Categoría
Actividades
Esta publicado en
Climántica TV un
curto que recolle momentos da participación da delegación de España nesta I Conferencia infanto - xuvenil na que participaron delegacións de máis de 50 países da ONU, e que se celebrou en Brasilia do 5 ao 10 de xuño de 2010. Os tres estudantes galegos que formaron parte, xunto con outros compañeiros, da delegación de España, foron seleccionados a través do concurso
Camiño a Brasilia que se desenvolveu a través de
Wiklimántica, a Wiki do proxecto Climántica. Durante a conferencia estes estudantes participaron activamente en diversos obradoiros e foron protagonistas dos grupos de traballo de redacción da Carta europea dos compromisos co planeta e Carta musical mundial, coa que remata este curto.