Climántica acaba de abrir a páxina web
do I Congreso para o profesorado
sobre Respostas Educativas ao Cambio Climático en http://congreso.climantica.org que contén toda a información relativa ao congreso que se
desenvolverá de acordo con este programa. A través da páxina web xa se pode efectuar
á preinscrición. O profesorado que pertence a
centros sostidos con fondos públicos de Galicia, se quere a
certificación de 12 horas de formación por parte da Consellería de
Educación e Ordenación Universitaria á que ten dereito, debe facer a
inscrición a través da aplicación de fprofe desa Consellería. Os demais docentes
serán considerados como inscritos a través desta plataforma, segundo
rigoroso orden de preinscrición ata o inscrito número 100 dos que non
recibiron praza en fprofe.
As 700 prazas restantes ata completar o aforo do auditorio, quedan reservadas para profesores que se inscriban a través de fprofe. Aos docentes deste colectivo que se preinscriban a través da páxina web do congreso, indicando que no seu momento farán a preinscrición a través da aplicación fprofe, enviaráselles un correo electrónico desde climantica@climantica.org para informalos da apertura do prazo de inscrición na plataforma de fprofe. Recoméndase a este colectivo de docentes de centros sostidos con fondos públicos que se inscriban a través de fprofe, que se preinscriban tamén a través da páxina do congreso, porque non sendo obrigatorio nin necesario facelo, permitiralle á organización dispor dos datos de contacto para mantelos puntualmente informados das novidades do congreso.
Se unha vez rematado o prazo de inscrición a través de fprofe, e as posibles ampliacións de prazo que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poida considerar oportunas, quedaran vacantes das 700 reservadas, estas pasarán, por estrito orde de preinscrición, aos colectivos docentes preinscritos nesta web que non teñan acceso a través á plataforma de fprofe. A certificación da asistencia dos non inscritos a través de fprofe será emitida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
Os asistentes que ademais desexen propoñerse como comunicadores de experiencias poderán facelo enviando os resumos das comunicacións que propoñen a través da páxina do congreso. Comunicaranse aquelas con previo envío e aceptación dos resumos enviados a través deste sitio web. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria solo certificará aquelas das que se encargue un único poñente e que se ateñan ás seguintes especificacións:
De seleccionarse presentacións orais cuxa duración proposta sexa inferior a este marco temporal, ou que sexa desenvolta por máis dun autor/a comunicador/a, a certificación da presentación correrá a cargo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
Descargar programa en pdf.

- Un mínimo de 35 minutos e un máximo de 45 minutos de exposición.
- Un mínimo de 15 minutos e un máximo de 20 minutos de debate.