
O sábado 6 de marzo Climántica puxo en 
marcha dous novos cursos: Competencias básicas en Climántica e Técnicas 
de climantica.org para a comunicación do cambio climático. As sesións 
presenciais dos dous cursos están a desenvolverse en paralelo os días 6 e 13 de 
marzo, 10, 17 e 24 de abril na Facultade de Físicas. O curso de 
competencias está pensado para os profesores de Primaria, ESO e 
Pedagoxía terapéutica que queren abordar dun xeito práctico as 
competencias básicas no marco do proxecto dende os modelos Aprendemos coas escolas climánticas e Climaeucambio. O de Técnicas para a 
comunicación do cambio climático esixe a elaboración dunha revista do 
centro educativo para comunicar a sostibilidade dende o marco do cambio 
climático. Por iso nas bases de selección do profesorado asistente, 
déuselle prioridade á participación previa no proxecto, polo que dos 69 
inscritos, os 30 seleccionados son docentes implicados previamente en 
actividades do proxecto.